Benvidas, benvidos, amigas e amigos

A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...

21 feb 2014

Que democracia queremos?






Que democracia queremos?
Manuel Dios Diz
Espazo Ecosocialista Galego
Hotel Compostela, 20 de Febreiro de 2014
Acto de AGE*


Se nos interrogamos pola democracia que queremos, estamos afirmando que a democracia realmente existente non nos gusta. Aínda resoan en moitas conciencias os ecos daqueles berros do 15M: que non nos representan, que non!, a esixencia dunha democracia xenuína, a democracia real xa! ou Chámanlle democracia e non o é!

José Saramago, con tino, dicía: "A democracia en realidade non existe. (...) Na miña opinión, quen verdadeiramente manda son institucións que non teñen nada de democráticas, como o Fondo Monetario Internacional, as fábricas de armas ou as multinacionais farmacéuticas…"

Son cada vez máis as persoas que identifican, con razón, a democracia neoliberal cunha democracia de baixa intensidade, mesmo cunha democracia autoritaria (lei se seguridade cidadá, lei de seguridade privada, restrición crecente de dereitos e liberdades, fin da xurisdición universal), ou se queredes como a ditadura dos mercados, iso que Martiño Noriega tanto repite, os mandados dos mandados. Os gobernos son vistos como os gabinetes de xestión dos intereses dos grandes poderes económicos e financeiros contra as maiorías sociais, a xente do común, que diría Beiras.

Hai pouco, Intermon Oxfam, con ocasión do Cumio de Davos, ese lugar inaccesible entre montañas nevadas onde se reúnen as elites globais para xearnos o futuro a todas e todos, fixo público un demoledor informe que viña a resaltar un feito: canta maior é a desigualdade, menor é a xustiza, e tamén menor resulta a democracia. Asistimos a un paradoxo: mentres aumenta o número de réximes democráticos no mundo, a democracia, as bases e as condicións da democracia, dentro de cada estado, diminúen.

En realidade, a escala global, vivimos nunha plutocracia, unha minoría de estados, chámense G7, G8 ou G20, deciden por todas e todos, póñense por riba de 193, ó tempo que baleiran de contido á propia ONU, que tampouco é unha democracia. Pero o mesmo acontece a escala nacional ou local: a democracia vaise esvaíndo e, cada día máis, a plutocracia tecnocrática e corrupta lexisla e goberna para as elites económicas, mesmo sen ser elixida por canles democráticas. Son, en realidade, os xestores dos grandes poderes, máis e máis alonxados da cidadanía por muros de privilexios e barreiras de incomprensión.

Joan Subirats preguntábase sobre que democracia temos e que democracia queremos. Constataba que entre 1945 e 1975, en tres décadas, reducírase á metade a desigualdade en Europa Occidental como consecuencia de políticas redistributivas que se consolidaron logo da IIGM, o que coñeciamos, desde logo moi tardiamente e de maneira moi feble aquí, como o Estado do Benestar. Alguén o cualificaba, no noso caso, como Estado de Medioestar. Pero, desde 1975, estamos asistindo a un brutal proceso de transferencia de renda, de saqueo, de espolio, onde a desigualdade foi medrando e, de feito, voltamos a ter niveis de desigualdade que nos retrotraen á primeira metade do século XX. O Estado Español ve hoxe como os logros sociais conseguidos con tanto esforzo se van deteriorando rapidamente e están xa, estruturalmente ameazados. Cando Warren Buffet, un lobo de Wall Street, o número 13 na lista Forbes, dicía: "Claro que existe a loita de clases, e os ricos a imos gañando”, acertaba. Para a gran maioría da nosa cidadanía estamos xa no Estado do Malestar.

Débese a que nesta confrontación entre os de arriba e os de abaixo (os de arriba, os que se reúnen en Davos, os que ocupan as portadas de Forbes, o capitalismo especulativo e financeiro, completamente desregulamentado), os que alimentan os paraísos fiscais, mudaron a economía produtiva por unha economía de casino controlada por eles. E substituíron, como trileiros, os valores cívicos e democráticos polos valores do mercado.

Da mesma maneira que máis desigualdade significa menos xustiza, menos democracia, significa tamén menos futuro para cada vez máis sectores sociais, particularmente para a mocidade, para os mais febles e tamén para as clases medias, a cada paso máis demediadas. As cifras estatísticas son abraiantes. Por exemplo: máis do 50% dos menores de 30 anos non tiveron nunca un emprego!!!

Pero abonda xa de facer diagnósticos que todas e todos partillamos.

Trátase de propoñer a democracia que queremos, porque parece evidente que a existente non serve para resolver os problemas das persoas. O bipartidismo, o modelo saído da Transición, a democracia case que orgánica, está esgotada. Máis aínda: está podre, fede por todas partes, non importa a onde se mire. Por iso consideramos que vivimos tempos de excepción, por iso é tempo de acción, de acción cooperativa e unida.

Cando falamos dunha nova democracia teriamos que empezar por mirar para nós mesmos. Un novo modelo democrático, que substitúa o actual ten que comezar por nós mesmos. Non podemos propor á sociedade unha nova cultura política (novas maneiras de actuar e de intervir politicamente, unha nova democracia, si representativa, pero tamén participativa, moito máis directa, máis horizontal, máis transversal, menos vertical, menos autoritaria, máis aberta e plural, máis interactiva, menos pasiva…)… non podemos propoñela se seguimos a manexarnos polos métodos e as maneiras da vella política, da vella democracia.

Por iso, cando queremos facer chegar á cidadanía, á sociedade civil, aires novos de esperanza e de ilusión, non podemos, entre nós mesmos, na nosa vida persoal e social, pero tampouco internamente, nos partidos e nas coalicións, continuar a pelexar pola hexemonía. Somos e queremos ser un modelo de cooperación política, nós mesmos definimos o noso proxecto como unha cooperativa política, porque non cremos nos partidos guías nin nas tutelas nin no clientelismo… porque non acreditamos nunha vangarda que todo sabe e que todo entende, á marxe da cidadanía, dos movementos sociais… porque reclamamos o noso dereito a construír unha nova cultura política, mesmo cometendo erros, que de ben seguro cometeremos. E serán erros lexítimos, erros dunha cidadanía libre que constrúe o seu futuro partillando o seu presente.

Se algo puxo de manifesto o movemento 15M foi precisamente a desafección coas actuais maneiras e modos de participación política, cunhas prácticas, discursos, actitudes e estruturas organizativas que están en aberta contradición co que lle propomos á sociedade. Esa terrible contradición entre o que dicimos e o que facemos, entre a prédica e o reparto de millo.

Todo o que estou a comentar está en directa relación coa democracia que queremos, unha democracia xenuína, interna e externamente, moito máis aberta e participativa, onde os valores cívicos e democráticos, a ética pública, as virtudes de cidadanía, a honestidade, a decencia, a honradez e o compromiso sexan as bases fundamentais da nosa actuación política.

Xunto con iso, claro que si, radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, protección das persoas, cultura de paz, dereito a decidir todo, soberanismo cívico, como eixes centrais sobre os que vertebrar un novo proceso constituínte.

Cando falamos de democracia participativa, facémolo porque non nos chega con que nos reconten cada catro anos, queremos contar, non simplemente ser contados; queremos ser protagonistas, actores, construtores do noso propio futuro, para dar cumprimento a  aquilo que tan magnificamente berrou Madiba: "Son o amo do meu destino, son o capitán da miña alma”.

A política ten que servir para que a sociedade evolucione, para resolver os problemas novos e vellos da cidadanía... se non é así, non vale… non nos vale, nin a nós nin a ninguén.

Desde a nosa perspectiva son tres as liñas básicas para orientar a nosa acción política:

•       Defensa dunha nova cultura da sustentabilidade ecolóxica e social
•       Participación cidadá e máis democracia
•       Defensa do ben común

Boaventura de Sousa Santos, desde Coímbra e por todo o mundo, leva anos, reivindicando "democratizar a democracia”.

Desde a nosa perspectiva, democratizar a democracia, aquí e agora, significa, reformar a lei e o sistema electoral, implantar a proporcionalidade, suprimir os limiares mínimos para obter representación nas cámaras, converter Galicia nunha circunscrición única, promover as listas desbloqueadas en todo os procesos electorais, establecer eleccións primarias para escoller as persoas candidatas, mesmo decidir por votación a orde dos postos nas listas entre afiliados e simpatizantes, e dotar ós programas electorais da condición de "contratos vinculantes" para que poidan ser requiridos polo Valedor ou Valedora no caso de incumprimento manifesto.

Para nós, Democratizar a democracia significa, agora, ampliar a obrigatoriedade legal de discutir en Pleno no Parlamento de Galicia as ILPs (Iniciativas Lexislativas Populares), implantar os referendos por iniciativa popular, as mocións de confianza popular, fórmulas de fiscalidade participativa, os orzamentos participativos, as prácticas de goberno aberto, os consellos e as estrutura de participación política en todo os ámbitos, as redes de participación cidadá…

Débese limitar por lei o número de mandatos en cargos electos, así como aprobar mecanismos de revogación, prohibir a acumulación de cargos, suprimir os privilexios aparellados ó cargo, establecer topes máximos de remuneración, a obrigatoriedade dos debates electorais e máis a limitación de gasto nas campañas e dotarnos dunha lei de financiamento estrito dos partidos…

Estas son algunhas das nosas propostas para democratizar a democracia. Non están todas, probablemente falten moitas máis, pero queremos poñer en marcha este proceso acompañando e acompañados pola cidadanía galega. Xuntos, xuntas, porque efectivamente, xuntos podemos… e, ademais, debemos.

Remato xa, Vicens Navarro, onte, dicía que “Democracia e benestar, e calidade de vida son, pois, as dimensións claves que deberían definir ás esquerdas. Democracia como fin, e democracia como estratexia”.


Moitas grazas.


* Texto da intervención no Acto de AGE en Compostela sobre: Que democracia queremos?

20 feb 2014

Valores, principios y virtudes cívicas



La educación para la paz reconfigurada
La perspectiva de las víctimas*
Xabier Etxeberría
Los libros de la Catarata, Madrid, 2013.

         Hace ya algunos años, con ocasión de unos Encuentros de Educación para la Paz que organizamos en Santiago de Compostela, conocí personalmente, a Xabier Etxeberría. Sabía de el por sus publicaciones, por su buen hacer en Bakeaz, por su trabajo profesional en la Universidad de Deusto, de la que hoy es catedrático emérito de Ética, y de sus preocupaciones y lineas de investigación. Por eso no me sorprende nada su último libro, “La educación para la paz reconfigurada” así como su enfoque principal, “La perspectiva de las víctimas”. Quizás no podía ser otra persona mas que Xabier Etcheberría, y desde la experiencia vivida (y sufrida) en el País Vasco, el que hiciera esta revisión en profundidad, de los contenidos, objetivos, metodologías de la educación para la paz, con el enfoque y la mirada de las víctimas, de todas las víctimas de las violencias.
        Victoria Camps, en el Prólogo, ya destaca que es precisamente la perspectiva de las víctimas, y en Euskadi, el elemento más innovador de esta necesaria publicación, en un contexto donde la tentación más fácil sería la de esconderse, la de ampararse en una supuesta neutralidad, que el autor califica de trampa y cobardía, para apelar a lo que llama “la empatía de la imparcialidad” porque frente a la justicia (o a la injusticia) no está permitido ser neutral.
        El profesor Etxeberría adelanta en su introducción su hoja de ruta, dar una panorámica de la educación para la paz, actualizar lo mucho hecho con un enfoque global frente a las violencias, así, como nos gusta decirlo, en plural, y con novedades muy relevantes, de la que no es la menor, la mirada de las víctimas, todas iguales y todas diferentes, con visión de universalidad, en el País Vasco, en el Estado y, particularmente, en América Latina, con la que el autor mantiene viejas querencias y preocupaciones.
        Quisiera destacar la completa y actualizada bibliografía, clasificada segun sus temáticas, así como el reconocimiento, al que me sumo, por el trabajo colectivo de Bakeaz y al equipo que participó en los debates previos de cada capítulo, varios de ellos amigos y colegas, como son: Martín Alonso, Galo Bilbao, Sara Maza, Javier Merino, María Oianguren y a Josu Ugarte,  a quien desde aquí mando un abrazo agradecido y de reconocimiento.
        Xabier Etxeberría, hace un muy pormenorizado recorrido sobre el enfoque y el alcance de la educación para la paz desde los años ’80, sus fuentes de inspiración, su fundamentación teórica, sus componentes iniciales, el enfoque socioafectivo... para resaltar, en cada ámbito, el enfoque substantivo de las víctimas. Analiza luego los agentes de la educación para la paz e incorpora a las víctimas como agentes, ¿a cuales?, a todas ellas, a las víctimas en sentido moral, todas las que sufren a consecuencia de algo, en su cuerpo, en su psique, en sus bienes... en su dignidad, las víctimas de todas las violencias, de la estructural, de la directa, de la cultural, para considerarlas educadoras, porque somos educados por las víctimas, de ahí la necesidad de visibilizarlas, aunque reconoce con acierto que no cualquiera víctima está llamada a intervenir directamente en el aula.
        En los referentes éticos generales de la educación para la paz considerados desde la perspectiva de las víctimas se detiene en los valores, en los pricipios y en las virtudes. También los violentos siguen conservando su condición de dignidad. La noviolencia, la desobediencia civil, la fidelidad a la memoria asentada en la verdad, la justicia restaurativa, el reconocimiento, las virtudes para convivir, las privadas y las cívicas, los horizontes y los modelos pedagógicos de la educación para la paz inspirados en las víctimas, están sustentando poderosamente una publicación que agradecemos, por su oportunidad, solidez y rigor.

* Comentario publicado en Cuadernos de Pegadogía en el número 442, correspondiente a este mes de Febrero.

        

5 feb 2014

Y FEDERICO MAYOR VOLVIÓ A LA UNESCO

 Federico Mayor con Edgar Morin



Amaneció un día magnífico en París, luego de un Domingo soleado que aprovechamos para perdernos por calles y parques, después de varios meses sin ver el sol en Santiago de Compostela. Fue el pasado lunes, 3 de Febrero. Llegamos a la sede de la UNESCO, en la Place Fontenoy, temprano, a las 9 eran las acreditaciones, por la Rue Zufren. Se notaba bullicio. Las personas se paraban antes de pasar el scaner de seguridad. Nos acompañaron a la Sala X, lugar donde se celebran las reuniones habituales del Consejo Ejecutivo de la UNESCO. Es un espacio amplio, luminoso, dispuesto en varios círculos concéntricos en donde se sitúan la presidencia, el secretariado, los relatores, invitados, delegaciones… en el techo un artesonado que simula una estrella, en los asientos la traducción simultánea en los idiomas oficiales, en la parte superior, los intérpretes. En el centro, una cámara de la televisión de la propia institución.

         La delegación de la Fundación Cultura de Paz era amplia. La expectación enorme. Muy pronto la sala estaba llena.

Federico Mayor y Boutros Ghali

Toda la sala puesta en pié felicitó al profesor Mayor en su 80 Aniversario

         Federico Mayor Zaragoza, ex director general de la UNESCO entre 1987 y 1999, se movía como pez en el agua. Volvía al lugar en donde había conseguido aprobar resoluciones y declaraciones de enorme relevancia, particularmente, la de Cultura de la Paz y su Plan de Acción, luego asumida por la Asamblea General de la ONU en 1999. Estaba acompañado por Georges Kutukdjian, promotor del homenaje por su 80 Aniversario, junto con otras personalidades de un Comité amplio y plural, en el que participaron Françoise Riviére, Breda Pavlic, Doudou Diene o Pío Rodríguez, miembro del Consejo Ejecutivo y único representante de España que tomó la palabra en el acto de homenaje. El embajador, delegado permanente ante la UNESCO, D. Juan Manuel Barandica Luxán, presente en la sesión de la mañana, optó por el silencio.

La esposa de Federico Mayor, Cheles, y sus dos hijos, Pablo y Federico

         Todo fueron reconocimientos, elogios, semblanzas y recuerdos emocionados de personalidades destacadísimas de la vida de la UNESCO sobre la figura, el pensamiento y las acciones llevadas a cabo por el que fuera Director General durante 12 años. La huella dejada en aquella institución por el profesor Mayor Zaragoza, desde el más humilde funcionario hasta los directores ejecutivos, ha sido enorme. Todas las intervenciones reflejaban cariño y añoranza, desde la actual directora, Irina Bokova, su antecesor, Amadou Mahtar M’Bow, su sucesor, Koichiro Matsuura o el propio presidente del Consejo Ejecutivo en la actualidad, Mohamed Sameh Amr.

Una parte de la delegación de la Fundación Cultura de Paz

         Si tuviera que destacar algunas de las intervenciones que a mi más me han impresionado, sin duda, tendría que citar las de Mihail Gorvachov, Mary Robinson, Koffi Annan o Mario Soares.

         Especialmente emotivas fueron las palabras de Boutros Ghali, ex secretario general de las Naciones Unidas, las de Robert Badinter, ex- ministro de Justicia francés con Miterrand, Henri Lopes, Aminata Tahoré o la de Edgar Morin. Todos coincidieron en destacar su papel, su capacidad para hacer posibles los imposibles, su apuesta por Africa y por la educación para todos. E incluso hubo tiempo para que un grupo de funcionarios y funcionarias de la UNESCO le cantaran el cumpleaños feliz.

         Federico Mayor Zaragoza, contestó y agradeció a todas y todos, a quien no pudo nombrar, los citó por escrito, y figurarán en las actas de la reunión. Habló de su paso por la institución internacional que representa a la intelectualidad de la ONU, apeló a que debe recuperar su protagonismo para construir la paz en la mente de los hombres, con independencia y rigor, con coraje cívico, colocándose al frente de las reivindicaciones que figuran en la Carta Constitutiva de la UNESCO y en la Declaración Universal de los Derechos Humanos, nosotros los pueblos, para evitar a nuestros hijos el horror de la guerra, todos iguales en dignidad, con los valores cívicos y democráticos en el horizonte, la justicia, la solidaridad, la igualdad, la fraternidad, frente a los valores de los mercados, promoviendo la Cultura de la Paz, la educación para la paz, los derechos humanos y la democracia, de la necesidad y urgencia de una Declaración Universal sobre la Democracia; del diálogo intercultural y la alianza de civilizaciones, de la superación de la pobreza y la exclusión, de la prevención y la consolidación de la paz, resolviendo pacíficamente los conflictos.

Intervención de Aminata Tahoré

         Hizo especial hincapié en la refundación de las Naciones Unidas, del papel de la UNESCO en esa tarea, con representación de la sociedad civil y de los estados, sin derechos de veto, con voto ponderado y de todos los países, con un Consejo del Medio Ambiente y otro de carácter Socioeconómico, además del de Seguridad, para hacer frente a los desafíos globales, la guerra y los conflictos bélicos, el terrorismo, los tráficos de personas, de armas, de órganos, de drogas, para cerrar de una vez los paraísos fiscales, evitar el armamentismo y el poderío nuclear.”Ya está bien de que unos pocos decidan por todos, basta de G7, G8, G20, no es la plutocracia sino la democracia verdadera a todas las escalas, también en la global”. En algunas intervenciones le pidieron que liderara la Declaración Universal por la Democracia.




         El embajador, delegado permanente de España ante la UNESCO, Sr. Barandica Luxán, escuchaba con una actitud entre displicente y ausente, en alguna ocasión sonreía, se revolvía en el asiento, comentaba algo con quien parecía su secretaria, miraba el reloj, se le hacía muy larga la ceremonia, tanto que apenas finalizó de hablar Federico Mayor, se ausentó, escuchando de fondo la atronadora salva de aplausos con toda la sala puesta en pié en honor del profesor Mayor.

         Debo reconocer que sentí vergüenza y desprecio por el representante del gobierno del Reino de España ante la UNESCO. Luego, en los corrillos, no se hablaba de otra cosa. Para bajar el tono de mi indignación me acordé de los Diplomáticos de Monte Alto…

        


27 ene 2014

Parabéns, profesor Mayor



         Quen o diría!, como pasa o  tempo!. Ou mellor dito, pasamos nós por el, case sen darnos conta. En moitas ocasións preguntáronme pola idade do profesor Mayor Zaragoza. Cando contestaba, a incredulidade do interlocutor víaselle nos ollos, moi difícil de ocultar. A el mesmo tentei sacarlle o secreto que, como catedrático de bioquímica, sospeitaba que gardaba celosamente. Non fun quen. Algún antioxidante natural, en doses pequenas, coa comida. Pouco máis. A verdade, sempre pensei que era a vainilla…

         O lía con puntualidade nos números de El Correo da UNESCO, nas súas editoriais, sabía da súa biografía, da fundación, con Severo Ochoa, do Instituto de Bioloxía Molecular, da promoción do Plan Nacional de Prevención da Subnormalidade, e da súa carreira política, ministro, deputado, eurodeputado… e coñecino persoalmente no ano 2000. Viña de rematar, por vontade propia, o seu segundo mandato como Director Xeral da UNESCO. Volvía a Madrid. Deixara unha pegada extraordinaria na institución que el cualificaba, con frecuencia, como a intelectualidade da ONU. Pero, sobre todo, deixaba unha responsabilidade que o cambiou a el para sempre. A súa maneira de entender o mundo, de achegarse ás persoas, ós educadores e ás educadoras, ós grandes problemas da humanidade, xa non foi o mesmo, logo do seu paso pola Praza de Fontenoy en París. No 2000, precisamente, fundou a Fundación Cultura de Paz, e asinou un Convenio de Colaboración co Seminario Galego de Educación para a Paz. En 2004, decidiu que foramos a súa delegación en Galicia, xunto con Madrid e Barcelona. E a partir de aí, unha amizade crecente, gratitude e xenerosidade a mans cheas.

         Probablemente o seu logro máis coñecido ten que ver coa Declaración Universal da Cultura da Paz, a que conseguiu aprobar, por sorpresa, na Asemblea Xeral en 1999. Un tema que viña de longo, desde Yamoussoukro, en Costa de Marfil, no corazón de África, dez anos antes, aquel congreso internacional sobre a paz na mente dos homes, que desenvolvía a extraordinaria Carta Constituínte da UNESCO, aquela que cita ó profeta Isaías cando di: “Das súas espadas farán reixas de arados e das súas lanzas, fouces. Non alzarán a espada uns contra outros, nin se prepararán para a guerra…

         Conta o profesor Mayor que cando chegou a Oxford por primeira vez para traballar co Premio Nobel de Química, Hans Krebs, atopou que o lema daquel Condado era “Sapere aude”, atrévete a saber. Cando regresou descubrira que, tan importante como atreverse a saber era saber atreverse porque, efectivamente, saber sen atreverse a contalo, calar, a procesión dos caladiños, o silencio dos que podendo (e debendo) falar calan é, como dicía o Mahatma Gandhi, aínda máis atroz que as persoas malas.

         Para Federico Mayor, a expresión suprema da cultura é o comportamento cotiá, e os dereitos humanos o noso referente ético universal, porque a guerra e a violencia, como afirmaba o Manifesto de Sevilla de 1986, logo asumido pola UNESCO, non son fatalidades biolóxicas. Para o profesor Mayor, a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz.

         Calquera estado democrático, respectuoso coas persoas que como Federico Mayor Zaragoza acadaron o máximo nivel electivo no ámbito internacional, debera ser un ben a protexer, a ter en consideración, a escoitar, a coidar, a promover. Nada máis lonxe da realidade. O actual goberno, como o de Aznar no pasado, o consideraron como un inimigo, alguén a quen ocultar, un estorbo. Obsesión banal tendo en conta a súa grandeza humana, profesional e política.

         A UNESCO, polo contrario, faralle unha homenaxe, polo seu 80 aniversario, o vindeiro día 3 de Febreiro en París, nun Simposio Internacional sobre Cultura de Paz, coa participación da actual Directora Xeral, Irina Bokova, de Amadou Mahtar M’Bow, o predecesor de Mayor Zaragoza no cargo, de Lula da Silva, Mary Robinson, Kofi Annan… ou Boutros Boutros Galli, entre outros dos máis grandes. E ali estaremos, compartindo cariño, afecto e gratitude,

         Trasladareille os nosos parabéns e o desexo de que cumpra moitos máis, coa mesma lucidez e grandeza. Parabéns a voçé, profesor Mayor, e moitas grazas por permitirnos gozar da súa sabiduría e amizade.

18 ene 2014

Construir la paz, cada día, todos los días...







30 de Enero, Día Escolar por la Paz
Construir la paz, cada día, todos los días.


        El próximo 30 de Enero conmemoraremos, un año más, en muchos colegios e institutos del conjunto del Estado, el DÍA ESCOLAR POR LA PAZ Y LA NOVIOLENCIA, en siglas, DENIP. 

http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Escolar_de_la_No_Violencia_y_la_Paz

         Se cumple el 66 Aniversario de la muerte de Mahatma Gandhi, una personalidad aun muy desconocida en muchos aspectos, particularmente, las bases fundamentales de su pensamiento y de su vida política.
        Son miles los profesores y profesoras que aprovecharán sus aulas para hablarle al alumnado sobre este hombre menudo, aparentemente muy débil, el protagonista principal de la independencia de la India de la corona británica, y de su muerte violenta en 1948 a manos de un fundamentalista de nombre Nathuram Godse, el mismo año en que se aprobaba la Declaración Universal de los Derechos Humanos, que el Mahatma conoció y sobre la opininó favorablemente luego de consultar con su madre que echaba en falta, al lado de los derechos, los deberes, sabia mujer!, o de la doctrina de la desobediencia civil y su vigencia en la actualidad. Incluso harán referencia a que su vida, su pensamiento y su actitud inspiró a otros grandes líderes internacionales como Martin Luther King o Nelson Mandela, recientemente fallecido.

http://www.un.org/es/documents/udhr/

        Nuestro compañero y colega Lois Trigo escribió, en lengua gallega, un libro de referencia, titulado "Gandhi, vida, obra y pensamiento", publicado en 1998, muy completo, un profundo acercamiento vivencial a la práctica política, a la ahimsa jainista y al discurso pacifista de Mohandas.

http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81himsa

        Aunque cueste creerlo, Gandhi nunca recibió el Premio Nobel de la Paz, a pesar de que había sido propuesto como candidato, nada menos que, en cinco ocasiones, entre 1937 y 1948. En este caso, el Comité Nobel reconoció públicamente su gran error, aunque lo hizo con mucho retraso y ni siquiera lo concedió a título póstumo.
        Son muchos los pensamientos de Gandhi popularizados entre la ciudadanía. Probablemente "No hay caminos para la paz, la paz es el camino" sea el más reconocido. Sin embargo tiene otras reflexiones muy relevantes, para alumnas y alumnos, como por ejemplo, aquella que hace referencia a que "La violencia es el miedo a los ideales de los demás". También conviene recordar su crítica demoledora a la Ley del Talión: "Ojo por ojo y acabaremos todos ciegos". O aquella otra apelación directa a cada uno de nosotros: "Sí quieres cambiar el mundo, empieza por cambiarte a ti mismo" y que tanto nos cuesta aplicar. Para mi, personalmente,  hay un pensamiento del Mahatma, en relación con el demonio y la maldad, que siempre resuena en mis oídos: "Los únicos demonios que existen son aquellos que se esconden dentro de nuestro propio corazón".
        Y una reflexión que tardé en asumir, lo reconozco, fue aquella en la que Gandhi afirmaba, con sabiduría, que "Lo que consigues con violencia, te será arrebatado con una violencia aún mayor". Por último, en este breve resumen de pensamientos, me gustaría citar aquel que dice: "Aun más atroz que la gente mala es el silencio de las personas buenas".

Llorenc Vidal

        El Día Escolar por la Paz y la Nonviolencia, cada 30 de Enero, impulsado desde hace ya tantos años por Llorenc Vidal, al que hemos seguido tanto desde la distancia, tiene que servir no solo para traer al presente el ejemplo de la vida y el pensamiento de hombres y mujeres como Gandhi, referentes imprescindibles del pacifismo y de los derechos civiles, de la desobediencia de las leyes injustas, de la ahimsa, o noviolencia, sino también para motivar el mayor y mejor tratamiento transversal de la educación y la cultura de la paz, los juegos y las dinámicas de aula, los recursos didácticos novedosos, las metodologías más activas y participativas, los audiovisuales, las nuevas tecnologías y los contenidos propios de una materia como la Educación para la Ciudadanía y los Derechos Humanos, tan necesaria!, tan en peligro!, con la que abordemos la enseñanza y el aprendizaje de los valores democráticos, las virtudes cívicas comunes, no la moral personal de nadie, ni los principios confesionales de creencias particulares, más o menos adoctrinadores, para conseguir que avance la convivencia escolar, la solución pacífica de los conflictos, la tolerancia, la solidaridad, la justicia.
        Vivimos tiempos complejos, muy violentos con los más débiles, aquí y en todas partes, especialmente derivados de una violencia estructural muy cruel, a veces opaca, otras sutil, pero brutal en todos los casos para con las personas del común, consecuencia de políticas injustas que llevan al hambre, a la miseria, a la desigualdad más extrema para la mayoría de la población, en particular, a la más indefensa, a niños y niñas, ancianos y personas enfermas, muchas que nunca antes habían recurrido a la asistencia social, o a los comedores de las organizaciones humanitarias, o a los bancos de alimentos... y que ahora buscan ayuda allá donde pueden, calladamente, con vergüenza, en muchos casos. Y esto está aconteciendo ante nuestros ojos,  mientras que los más ricos defraudan a manos llenas y roban, y ponen sus insultantes fortunas a buen recaudo, en los paraísos fiscales, o incrementan escandalosamente sus beneficios, aumentando así la desigualdad y la injusticia. De esta violencia estructural también debemos hablar en el Día Escolar por la Paz y la Noviolencia. Y buscar soluciones, individuales y colectivas, pacíficas y noviolentas, como mejor homenaje a Gandhi y a todas las grandes figuras históricas del pacifismo, las más conocidas y también a las más anónimas, a aquellas que están a nuestro lado y que pocas veces reconocemos.
        En las páginas web de varias de las organizaciones que conforman AIPAZ, la Asociación Española de Investigación para la Paz que me honro en presidir, podrán encontrar muchas más sugerencias e inspiración para mejor conmemorar el 66 aniversario de la muerte de Mahatma Gandhi.
        Y desde AIPAZ queremos animar a profesores y profesoras, padres y madres, instituciones, medios de comunicación a construir, como este blog, la paz cada día, todos los días, con nosotros mismos, con los demás, a educar y a investigar sobre la paz y los conflictos, para mejorar la convivencia escolar y democrática, para esto tiene que servir la celebración del Día Escolar por la Paz, el 30 de Enero, y los 365 días del año restantes, porque la Cultura de la Paz, la educación para los derechos humanos y la democracia, el diálogo intercultural, la superación de la exclusión y la pobreza, o la prevención y la consolidación de la paz, no son, no pueden ser, flor de un día.

¡Feliz Día Escolar por la Paz y la Nonviolencia, feliz 30 de Enero!



Convivencia, policial.




CONVIVENCIA POLICIAL
Manuel Dios Diz

Xa sei que leva varios anos en funcionamento. Trátase da Comisión de Seguimento do Plan Director de Convivencia e Seguridade Escolar que preside o Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. En realidade ten un nome máis alongado, "Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en Centros Educativos y sus entornos". Agora din que participaron moitos colexios e institutos no curso pasado, as cifras concretas que presentan nesta nova que publican os medios son máis de 18.000 alumnos, 1.120 profesores e 1.117 pais.

Sen embargo, noutra reportaxe propagandística similar, en Setembro de 2013, hai catro meses, co comezo do curso escolar, indicaban que foran exactamente 678 centros escolares e algo máis de 80.000 alumnos e alumnas e case que 5.000 pais, nais e titores. Parece que a Samuel Juárez báilanlle as cifras.

Entre as actividades máis demandadas, daquela e hoxe, estiveron as charlas de prevención do acoso en Internet e nas redes sociais (ciberacoso), fomento da convivencia escolar, bandas xuvenís, prevención da violencia en xeral. Por suposto non esquezo a vixianza e seguridade nos arredores dos colexios e institutos, a actividade máis propia da
policía nacional e a garda civil.

        Debo recoñecer que cando vin as imaxes da Comisión de Seguimento do Plan na TVG e os uniformes da policía e da garda civil, na reunón e tamén nos colexios e institutos, deume un certo arrepío.

        Poño por diante que comparto que os corpos e forzas de seguridade do estado fagan labores de vixianza nos arredores dos centros escolares para garantir a protección dos cativos e cativas, combater a delincuencia ou o tráfico ou venda de substancias prohibidas. Sen dúbida é un dos seus cometidos. Vaia polo tanto o meu recoñecemento e gratitude.

        Agora ben. Non sei a que ven poñer en relación estas medidas de protección coa convivencia escolar. Sinceramente, non o entendo. A educación nos colexios e nos institutos é responsabilidade principal do profesorado. Tamén nos asuntos relacionados coa convivencia e a súa mellora. Polo mesmo, a prevención das violencias, do acoso ou do ciberacoso, a conflitividade, son unha competencia interna de cada centro educativo, ten que figurar, e figura, no seu plan de centro, no seu proxecto educativo e, nomeadamente, nos Plans de Convivencia.

       Por que entón o interese en vincular churras con merinas?. A convivencia coa seguridade nos arredores dos centros?. O profesorado cos policías e gardas civís?. Haberá quen diga: “xa están aquí os esquerdistas de sempre e os seus prexuízos contra das forzas policiais”. Ou, “son cousas dos buenistas que todo o arranxan con pombas e globos”... Pois non, o fan porque poden facelo, para iso teñen maioría absoluta, e porque é a súa opción ideolóxica, e o publicitan, reiteradamente, cada tres ou catro meses, na súa televisión e nos medios máis afíns, aínda que as cifras sexan abertamente contradictorias. Pero a cuestión non está nos datos que aportan.

       A dereita política, de maneira especial a galega, tradicional e conservadora onde as haxa, lei e orde, cando atopa un problema, tende a vincular a súa solución coa policía, co exército ou coa garda civil, restricción de dereitos e liberdades, a excepción, vai no seu ADN, lei de seguridade, lei de seguridade privada, reforma da lei do aborto, recortes e máis recortes, nos nosos petos e nos nosos dereitos.

       O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, probablemente o máis activo demoledor da educación pública en Galicia, da súa lingua e cultura, desde logo o peor da historia da autonomía galega, é un experto en leis, sentenzas, mellor dito, en pasalas polo forro, e en declinar responsabilidades, pasándollas sempre a outros. E en temas de convivencia escolar un auténtico inútil. Perdón pola dureza. Tan pronto como chegou ó goberno da Xunta de Galicia, ignorou e ocultou todo o que nesta materia tiñamos avanzado, fundamentalmente, o Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar, asinado por máis de 40 entidades representativas da comunidade educativa, ou os Plans de Convivencia de Centro e o Observatorio Galego da Convivencia Escolar. No seu lugar, aprobou unha lei de autoridade, sen acordo algún, sen escoitar a ninguén, e meteu pola porta gateira, especialidade de Abad, a famosa enquisa ós pais e nais sobre o galego, recorrida e sentenciada como ilegal. Logo preparou un Protocolo, como nel ben sendo habitual, sen falar con ninguén, sen apoio de ninguén, sen escoitar a ninguén, para detectar e actuar, en 12 días!!! diante dun caso manifesto de acoso escolar e trasladando toda a responsabilidade ós centros.


       E no tema que nos ocupa, a convivencia escolar, parece que si, que a Jesús Vázquez Abad, a música militar, si que o sabe levantar, a mala reputación de Paco Ibáñez, adaptación do poema magnífico de Georges Brassens. Por iso non sorprende o Plan Director da Comisión de Seguimento presidida por Samuel Juárez, uniformes, policías, gardas civís, non só para coidar a seguridade fora dos colexios e dos institutos. Tamén dentro. Charlas uniformadas para falarlles ó alumnado de violencia, convivencia, acoso ou ciberacoso. Acaso non existen en Galicia entidades suficientes na sociedade civil para abordar estes asuntos nos colexios e institutos?. Non resulta moito máis axeitado que o tratamento destas realidades as aborde profesorado especializado?. Non temos no mundo académico e universitario persoas expertas nestas materias?.


10 ene 2014

30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia.

   


  

 O vindeiro 30 de Xaneiro, nesta ocasión, Xoves, conmemoraremos, un ano máis, nos colexios e institutos, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NONVIOLENCIA (DENIP), no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi, unha personalidade aínda moi descoñecida para a maioría da poboación occidental, particularmente, as bases fundamentais do seu pensamento e da súa vida política e persoal. É certo que, polo menos, unha vez no ano, aproveitamos para falarlle ó noso alumnado sobre este home miúdo, protagonista principal da independencia da India da coroa británica, da súa morte violenta en 1948, ou da doutrina da desobediencia civil pacífica. Mesmo de que inspirou a outros grandes líderes internacionais como Martin Luther King ou Nelson Mandela, recentemente falecido.

   Non son moitas as obras publicadas desde Galicia e en galego sobre o apóstolo da nonviolencia. Unha das poucas a fixo o noso compañeiro e colega Lois Trigo co título "Gandhi, vida, obra e pensamento" publicada en 1998 pola Editorial Toxosoutos, moi completa, un fondo achegamento vivencial á práctica política, á ahimsa jainista e ó discurso pacifista de Mohandas.

   Gandhi nunca recibiu o Premio Nobel da Paz, a pesares de que fora proposto como candidato ata en cinco ocasións, entre 1937 e 1948. Neste caso o Comité Nobel recoñeceu publicamente o seu grande erro, aínda que o fixera con retraso e non o concedera a título póstumo.

   Son moitos os pensamentos de Gandhi popularizados. Probablemente a idea de que "Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño" é a máis recoñecida. Sen embargo ten outras reflexións ben exemplificadoras para alumnas e alumnos, por exemplo, aquela que fai referencia a que "A violencia é o medo ós ideais dos demais". Tamén compre lembrar a crítica demoledora da lei do talión: "Ollo por ollo e remataremos todos cegos". Ou aquela apelación directa a cada un de nós:  "Si queres cambialo mundo, empeza por cambiarte a ti mesmo"

   A min persoalmente hai un pensamento de Mahatma, en relación co demo e a maldade, que tentei ter sempre moi presente: "Os únicos demos que existen son aqueles que aniñan dentro do noso propio corazón". 

   E unha reflexión que tardei en comprender, o recoñezo, foi cando Gandhi afirmaba que "O que acadas con violencia, serache arrebatado cunha violencia aínda maior".

   Por último, nesta breve escolma de pensamentos, quixera citar aquel que di: "Aínda máis atroz que a xente mala é o silencio das persoas boas".

   O Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia, cada 30 de Xaneiro, ten que servir non só para traer ó presente o exemplo de vida de homes e mulleres como Gandhi, referentes imprescindibles do pacifismo e dos dereitos civís, da desobediencia das leis inxustas, da ahimsa, ou nonviolencia, senón tamén para motivar o tratamento transversal da educación e a cultura da paz, os xogos e as dinámicas de aula, os recursos didácticos novos, e os contidos propios dunha materia como a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, tan necesaria!, na que abordemos o ensino e a aprendizaxe dos valores cívicos e democráticos, as virtudes cívicas comúns, non a moral privada de ninguén, nin os principios confesionais de crenzas particulares, máis ou menos adoutrinadores, a mellora da convivencia escolar, a solución pacífica dos conflitos, a tolerancia, a solidariedade, a xustiza.

   Vivimos tempos complexos, moi violentos, especialmente derivados dunha violencia estrutural moi cruel, opaca, sutil, pero brutal para coas persoas do común, consecuencia de políticas inxustas que levan a fame, a miseria, a desigualdade, á maioría da poboación, en particular, á máis indefensa, a nenos e nenas, anciáns e persoas enfermas, moitas que nunca antes recorreran á asistencia social nin ós comedores das organizacións humanitarias ou ós bancos de alimentos e que agora buscan axuda onde poden. E isto acontece mentres que os máis ricos defraudan, teñen as súas fortunas a bo recado en paraísos fiscais ou incrementan, escandalosamente, os seus beneficios, aumentando así a desigualdade e a inxustiza. Desta violencia estrutural tamén debemos falar no Día Escolar pola Paz e non-violencia. E buscar solucións, individuais e colectivas, pacíficas e nonviolentas, como mellor homenaxe a Gandhi e a todas as grandes figuras históricas do pacifismo, as máis coñecidas e tamén ás anónimas, a aquelas que están ó noso carón e que poucas veces recoñecemos.

   Na páxina web do Seminario Galego de Educación para a Paz, www.sgep.org, atoparedes máis suxestións para mellor conmemorar o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, en especial, queremos recomendar a magnífica proposta didáctica feita desde a Fundació per la Pau, sobre o armamento nuclear, co título de NON MÁIS RISCOS! PROHIBAMOS AS ARMAS NUCLEARES!. 


   Feliz Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia, feliz 30 de Xaneiro.

   

   




24 dic 2013

Eufemismos para enganar

   


   A dereita máis conservadora está pasando todos os límites previsibles. Non é que vulneren, a mans cheas, o seu propio programa electoral, o coñecido, o publicitado, senón que como fan coa contabilidade, traballan en B e punto. Fin de la cita. Había, o sabemos, un programa A, ben edulcorado, cuberto de fermoso celofán, apetecible para moitos, aquel que presentaron publicamente, para que constara, a efectos oficiais. Sen embargo, como acontece sempre coa dereita, maldita sexa!, o verdadeiro programa, a folla de ruta, o plano do tesouro, viña marcado pola vella doutrina neoliberal e os seus dogmas: privatizar e demoler o público, reducir o Estado ó mínimo, limitar dereitos e liberdades, abaratar custes laborais, substituír cooperación por caridade e beneficencia, axudar ós propios, socializar as débedas, recortar en sanidade, educación, dependencia, pensións, axudas ó desemprego, becas... e, como non, submisión ideolóxica á xerarquía eclesiástica, fundamentalismo nacionalcatólico, Opus, lexionarios de Cristo, camiño neocatecumenal... en realidade, nada que non saibamos. Neste contexto temos que interpretar a lei de seguridade, a lei Fernández, a lei Wert, a de seguridade privada, as concertinas de Melilla, a do aborto, lei Gallardón, o tarifazo eléctrico, as axudas a fondo perdido á banca, a reforma laboral, o desmantelamento do estado do medioestar, os desafiuzamentos que non paran, as preferentes e subordinadas, pagos e re-pagos, o desemprego masivo, a exclusión, a pobreza en niveis e capas sociais inéditas, onde van as clases medias?.

   Sería inimaxinable, en calquera país democrático, que a policía, por orde dun xuíz, entre e rexistre -durante 14 horas- a sede do partido do goberno, e que non pase absolutamente nada, nin sequera, que alguén con autoridade, aporte algunha explicación razoable ou que dimita. De que estrañarse, no Concello de Santiago de Compostela, por poñer o exemplo máis próximo, temos ó anterior alcalde, Gerardo Conde Roa, condenado por defraudador fiscal, ó seu xefe de gabinete, Angel Espadas, que pasou varias semanas na cadea, imputado, ó novo alcalde, Angel Currás, dobremente imputado, e nada menos que a 10 dos seus 13 concellais tamén imputados e non pasa absolutamente nada!!!. Todo o contrario, o Sr. Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, paséase polas televisións estatais, a galega xa a ten copada e demasiado vista, impartindo clases gratuítas de ética pública, ocultando toda a información relevante sobre os contratos co narcotraficante Marcial Dorado, benditas inundacións!, ignorando a Pablo Crespo e a Gürtel galega, ou as concesións millonarias, a dedo, á empresa da súa irmá, Eulen, ou á da sobriña de Romay Becaría, ave maría!.

   Non podemos negar que a dereita ten moito poder, case tanto como cara dura, cemento armado, á hora de ocultar, mentir, denominar, culpar, finxir e fuxir cara adiante. Non temos mais que escoitar a Montoro, o mestre do eufemismo.

   A grandeza do Programa Salvados consiste en facernos ver realidades moi complexas con claridade, diante dos nosos ollos, por medio de magníficas entrevistas de Jordi Evole, parecen simples, mais entrañan unha enorme dificultade. No último programa, sobre confesionalismo e laicismo, fixo gala desa sabedoría á hora de entrevistar ó director do colexio que segrega por sexo, do Opus, a unha profesora, e a dúas nais moi xoves, pijas de catálogo ou, si preferides, as novas e modernas beatas. Rexeitaron entre risas, por antiga, a palabra "segregación", e cualificaron o modelo escolar que separa nenos e nenas como "educación diferenciada". O eufemismo outra vez. Son moitas as sentencias de tribunais diversos que cualificaron de ilegal a financiación pública de centros que segregaban por sexo ou que diferenciaban, en linguaxe máis neocom, e porque ademais vulneraban o principio democrático de igualdade. Quen nolo ía a dicir. Tódolos cativos e cativas que estudamos en España, nos anos '50 e '60, eramos uns pioneiros, formabamos parte dun proxecto anovador, da pedagoxía máis adiantada do mundo, e sen sabelo, polo noso ben, tiñamos, non había outra, educación "diferenciada", si, por sexo, por clase, por relixión, unha, grande e libre, por la gracia de Dios.

   En Galicia persisten 5 centros que practican a educación diferenciada, vinculados ó Opus, financiados con fondos públicos, a pesares das sentencias que comentei. A lei Wert, para saltarse a legalidade, feita a lei, feita a trampa, e o seu alumno avantaxado, Jesús Vázquez Abad, querían seguir axudando á Obra e claro, non podían legalmente, facelo baixo corda saberíase, por iso, a nova lei, a Lomce, blinda o financiamento público destes colexios sectarios e de elite. Mentres, recortamos na pública. Contan que Núñez Feijóo vai premiar a Vázquez Abad, conselleiro de cultura, e de educación, e de ordenación universitaria, cun novo cargo, o de conselleiro de Sogama. Claro, porque el sabe de todo. Tamén de lixo, de tratamento de residuos, de reciclaxe... pensándoo mellor, efectivamente, diso, sabe moito.

    

8 dic 2013

Dereitos humanos, Madiba, Lennon e as concertinas

     


   A conmemoración do 65 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948-2013), cada 10 de Decembro, nesta ocasión, está moi condicionada, emocionalmente, polo pasamento de Madiba, para moitos millóns de persoas en todo o mundo, un exemplo, un referente, desde hai moitos anos, non de agora. Particularmente para aqueles que traballamos na Educación para a Paz, para os Dereitos Humanos, para a Democracia, o principal bloque de contidos da Cultura da Paz, a educación, sempre a educación!, como Mandela reiteraba, a arma máis poderosa para cambiar o mundo.

   Nelson Mandela, hoxe chorado por todos, nalgúns casos con lágrimas de crocodilo, situou a súa utopía, no principio fundamental que sustenta a Declaración do '48, a igual dignidade humana, pois aí estaba a vulneración brutal do réxime do apartheid que aborrecía, a discriminación, a desigualdade lexitimada legalmente en Sudáfrica, durante tantos anos, coa compracencia da comunidade internacional que só, moi tardiamente, comprendeu que aquel sistema político,  era insostible por máis tempo. 

   Madiba era avogado,dirixente do Consello Nacional Africano, comunista, e coñecía o carácter revolucionario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a ela apelou constantemente, fora e dentro da cadea, 27 anos, dise pronto, a maior parte deles fronte á Cidade de O Cabo, en Robben Island, sen unha pinga de rancor. A grandeza de Mandela está no perdón, na concordia, na reconciliación, por eses valores recibiu o Premio Nobel da Paz conxuntamente con Frederik de Klerk en 1993, logo de acordar algo tan simple que desmontaba de raiz a segregación racial, o dereito ó voto de cada persoa, con independencia da súa raza ou cor, artigos 2 e 21 da Declaración.

   É certo que durante un período moi breve da súa vida, Madiba, xustificou e apoiou a violencia contra da tiranía, como tamén establece a Declaración no seu Preámbulo: "Considerando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de Dereito, a fin de que o home non se vexa compelido ao supremo recurso da rebelión contra da tiranía e a opresión".

   Nas vésperas do 10 de Decembro lembramos tamén a John Lennon, asasinado hai xa 33 anos, artista, cantante, activista polos dereitos humanos, pacifista que tamén inspirou a millóns de persoas en todo o mundo. As súas cancións, particularmente Imagine ou War is Over, seguen sendo hoxe, auténticos himnos pola paz mundial.

   E a que ven pensar hoxe nas concertinas?. Desde logo non tería nada de máis si as poñemos en relación con Lennon e a música, si falaramos dun instrumento musical, pequeno, parecido ó acordeón. Pero non, estamos a falar de crueis e inhumanas coitelas que pretenden causar dano e sufrimento, dor, a aquelas persoas que fuxen da miseria, da fame e da guerra, do sur empobrecido, aquel enorme territorio que dividimos, saqueamos e espoliamos sen compaixón durante séculos. Porque este método que un ministro que non merece ser nomeado cualifica de "pasivo e disuasorio",  violenta gravemente os dereitos humanos, por indigno, por cruel, por inhumano, como a súa lei de seguridade cidadá, esa patada na boca das liberdades democráticas, que nos achega a un estado de excepción propio dunha democradura.

   Con estes pensamentos, o 10 de Decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, o Seminario Galego de Educación para a Paz e a Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC faremos un acto festivo e reivindicativo, no Salón Nobre de Fonseca, a partir das 10:00 horas, con música e unha lectura pública da Declaración do '48, do seu Preámbulo e dos seus 30 artigos, para lembrala, para tela diante, para reivindicala, como código universal de desexos e de aspiracións da Humanidade, para ter presente que, aínda hoxe, a súa historia é a da súa propia violación.