Benvidas, benvidos, amigas e amigos

A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...

31 ene 2011

EMPEZANDO A SEMANA

Os luns son días de planificación semanal, de avaliación de necesidades, de preparación. Temos por diante novos proxectos, logo do Foro 2010, que nos deixou agotados, xa está moi cerca o FSM de Dakar e nel o Foro Mundial de Educación. Haberá unha bóa delegación galega, tamén do Seminario Galego de Educación para a Paz (Sonía Arístegui) e da Fundación Cultura de Paz (Federico Mayor Zaragoza e Manuel Manonelles).
A semana pasada rematamos as iniciativas do Día Escolar pola Paz e agora compre dedicarse, esencialmente, a materializar o Lar da Paz (Centro Internacional pola Paz) en Herbón (Padrón), no Mosteiro franciscano do século XIV, onde teremos 1.070 metros cadrados de aulas, salón de actos, sa de exposicións permanente, etc. pero antes temos que poñer en marcha o proxecto de Pedro de Llano, de rehabilitación.
A Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia, no Parlamento Galego, está parada. A Ponencia Conxunta non avanza. Sería bó insistir.
E a Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC acordou organizar unha Escola de Verán en Setembro sobre "Conflitos, Convivencia e Cidadanía", así como unha reunión de cátedras similares do Estado en Maio.
E argumentando sobre o Anteproxecto de Lei da Convivencia e a Participación da Comunidade Educativa que elaborou a Consellería sen acordo e sen consenso, sen escoitar, con case que todos en contra, con algunha excepción, as patronais privadas e ANPE, menudos apoios para unha Lei, aínda que poden aprobala por un voto no Parlamento. Qué error, qué inmenso error.

No hay comentarios:

Publicar un comentario