Benvidas, benvidos, amigas e amigos

A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...

31 ene. 2011

Spot do 25 Aniversario do Seminario Galego de Educación para a Paz (1985-2010) que están emitindo varias televisións en Galicia.


O anuncio foi realizado por Zetra TV, dirixido e montado por Manuel Paredes sobre un guión meu. Son tres versións co mesmo lema: "Para que a paz sexa algo máis ca un conto". A primeira a presento eu. A segunda Manolo Rivas e a terceira Baltasar Garzón con intervencións de amigas e amigos que estiveron no Foro 2010 en Decembro en Compostela. A todas e a todos, un millón de grazas.

EMPEZANDO A SEMANA

Os luns son días de planificación semanal, de avaliación de necesidades, de preparación. Temos por diante novos proxectos, logo do Foro 2010, que nos deixou agotados, xa está moi cerca o FSM de Dakar e nel o Foro Mundial de Educación. Haberá unha bóa delegación galega, tamén do Seminario Galego de Educación para a Paz (Sonía Arístegui) e da Fundación Cultura de Paz (Federico Mayor Zaragoza e Manuel Manonelles).
A semana pasada rematamos as iniciativas do Día Escolar pola Paz e agora compre dedicarse, esencialmente, a materializar o Lar da Paz (Centro Internacional pola Paz) en Herbón (Padrón), no Mosteiro franciscano do século XIV, onde teremos 1.070 metros cadrados de aulas, salón de actos, sa de exposicións permanente, etc. pero antes temos que poñer en marcha o proxecto de Pedro de Llano, de rehabilitación.
A Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia, no Parlamento Galego, está parada. A Ponencia Conxunta non avanza. Sería bó insistir.
E a Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC acordou organizar unha Escola de Verán en Setembro sobre "Conflitos, Convivencia e Cidadanía", así como unha reunión de cátedras similares do Estado en Maio.
E argumentando sobre o Anteproxecto de Lei da Convivencia e a Participación da Comunidade Educativa que elaborou a Consellería sen acordo e sen consenso, sen escoitar, con case que todos en contra, con algunha excepción, as patronais privadas e ANPE, menudos apoios para unha Lei, aínda que poden aprobala por un voto no Parlamento. Qué error, qué inmenso error.

30 ene. 2011

Sostenella e non enmendalla: A voltas coa lei de convivencia e participación...

Hoxe, 30 de Xaneiro de 2011, hai 63 anos que foi asasinado o Mahatma Gandhi. O mesmo ano en que Nacións Unidas aprobaba a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, co seu apoio, por certo, e o da súa nai, a quen dou a ler o texto que aprobara a Comisión presidida por Eleanor Roosevelt, tal e como me contou Federico Mayor Zaragoza, quen cando Director Xeral da UNESCO, atopou unha carta, do Mahatma, na que contaba que a súa nai tamén concordaba coa Declaración, aínda que botaba en falla, algúns deberes entre tantos dereitos. Non sabía daquela que moitas persoas de ben, en todo o mundo, coincidirían con ela, co paso do tempo.


Ben, pois hoxe, Día Escolar pola Paz, a Federación Galega que agrupa ós cargos directivos dos colexios e dos institutos, denuncia publicamente, e o recolle Europa Press, que eles tampouco foron consultados en relación co Anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa. Mais afirman que concordan coas alegacións do Seminario Galego de Educación para a Paz e as dos MRPs. Si o poñemos en relación co que aconteceu no Observatorio Galego da Convivencia Escolar, de onde se retiraron a maioría das entidades que representan á comunidade educativa e logo coa derrota estrepitosa da Consellería no máximo órgano de participación que é o Consello Escolar de Galicia por 21 votos pedindo a retirada do texto fronte dos 11 a favor e dúas abstencións, concluiremos que, aínda sen ser vinculantes, en pura lóxica democrática, non parece que o mellor camiño sexa "sostenella e non enmendalla" levando ó Parlamento unha Lei para aprobala por 1 voto dado que, en materia de convivencia e participación, precisamente, non parece moi razonable a imposición contra da opinión da prática totalidade da comunidade educativa. Porque, o malo non é equivocarse. Peor é permañecer no erro. Aínda que o máis dramático sería seguir nel a sabendas.

Resultados de la búsqueda


Non parece moi complicado, o caso é mantelo...

   Veño de iniciarme nesto dos blogs. Non sei realmente si serei quen de atopar tempo para mantelo actualizado. En calquera caso, moitas grazas por recoller esta mensaxe na botella que vai a non se sabe onde.
Empezo co Día Escolar pola Paz, non podía ser doutra maneira, cun artigo que hoxe publica Xornal de Galicia e coa información do meu libro en castelán: La paz como cultura.
Confío en que sigamos en contacto.
Grazas. 
 La paz como cultura. Fuentes y recursos de una pedagogía para la paz

Manuel Dios Diz

El autor, de un solo trazo, describe la paz como cultura, descubre el secreto de la paz, tan intensamente proclamada y asumida como inalcanzable: ejercitarla, practicarla cada día, cultivarla, para “ser” paz. Esta obra, lector, es de una gran valía porque demuestra que la paz, en nosotros, en nuestras casas, en nuestras escuelas, en nuestros lugares de trabajo, en nuestros pueblos… en el mundo entero, es posible. ” Federico Mayor Zaragoza

Prólogo de Federico Mayor Zaragoza

D. Manuel Dios Diz (Santiago de Compostela, 1953) es licenciado en Geografía e Historia. Es autor de numerosas Unidades Didácticas dirigidas al profesorado y libros sobre los distintos aspectos de la Paz, además de numerosos artículos y documentales. Forma parte del Comité Asesor Internacional del Llamamiento por la Paz de la Haya (Hague Appeal for Peace), de la Asociación Internacional de Educación para la Paz (antes Teachers for Peace), así como de la Fundación Cultura de Paz, entre otras asociaciones.

30 de Xaneiro, Día Escolar pola Paz: Moito máis ca un conto...


Xa son moitos anos promovendo a celebración do Día Escolar pola Paz en Galicia. Desde finais dos anos ’70 e principios dos ’80, algúns profesores e profesoras, uns acá e outros acolá, como diría Manuel María, viñamos seguindo a iniciativa do DENYP, Día Escolar da NonViolencia e a Paz, e do inspector de educación mallorquino, Jorenç Vidal, de levar a colexios e institutos a mensaxe e o pensamento pacifista, na data en que conmemoramos o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
Daquela, a simple proposta de realizar actividades de centro e de aula, nesa data, rozaba a provocación. Para uns era unha forma de promover o amansamento, para outros unha ocorrencia, os mais, indiferenza absoluta. Sen embargo, moi poucos anos despois, a Educación para a Paz convertíase nun eixe transversal obrigatorio do currículum (1990) e, desde aquela, a difusión da iniciativa, unha constante. Tanto, que hoxe xa case que é unha rutina. A maioría dos colexios e institutos galegos teñen o Día Escolar pola Paz no seu Plan de Centro, figura como unha data fixa no calendario, e as suxestións do Seminario Galego de Educación para a Paz, son seguidas e consultadas por moitos profesores e profesoras, mesmo temos unha materia, Cidadanía e Dereitos Humanos, que acolle os principais contidos do movemento de educadoras e de educadores para a paz.

Nun anuncio que están emitindo varias televisións en Galicia, con motivo do noso 25 aniversario, insístese en que a paz non pode ser, simplemente, un conto de pombas e globos, flor dun día, un acto tranquilizador das nosas conciencias, unha festa para os cativos. O 30 de Xaneiro, a efeméride pacifista por excelencia, xunto co 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, teñen que ser datas para recordar, para recordarnos, que non vivimos no mellor dos mundos posibles, que somos uns privilexiados, pois nacemos nos barrios ricos do planeta, que necesitamos fomentar a empatía e a solidariedade, cada día e todos os días, que non existe paz sen xustiza, a xustipaz, e que a paz, empeza por un mesmo, por unha mesma, facendo as paces, primeiro con nós mesmos, e logo cos demais. E todo iso non pode reducirse ó 30 de Xaneiro.

Federico Mayor Zaragoza afirma que “A expresión suprema de cultura é o comportamento cotiá”, son os nosos comportamentos e actitudes, a nosa conduta, cada día e todos os días, as que permitirán (ou non) construír cultura de paz, a paz como cultura da palabra, do diálogo, da concordia, fronte da imposición, o dominio e a forza.
 Facer as paces, substituír a cultura da violencia pola cultura do entendemento, da man tendida, non se reduce a educar para a paz, para os dereitos humanos e para a democracia, o que xa é moito, en si mesmo, senón que ten que ver, tamén, coa superación da exclusión e a pobreza (Obxectivos incumpridos do Milenio), co diálogo intercultural e interrelixioso (Alianza de Civilizacións fronte do choque de ignorancias) e resolución pacífica dos conflitos, para consolidar e prever a paz (Convivencia Escolar).

 O 2011 ven de declararse como Ano Europeo do Voluntariado. Por iso, en tantos colexios e institutos estamos falando nestas datas desas persoas extraordinarias, anónimas, que non saen con frecuencia nos telexornais, e que deciden doar gratuitamente o seu tempo á causa da paz e da solidariedade. Son moitas, de toda condición, mozos e mozas, persoas xubiladas, profesionais... convencidas de que poden e deben aportar o seu grao de area á axuda humanitaria. Porque iso é, precisamente, convivir, compartir, partir con, en especial cos que máis o necesitan, aquí ou lonxe, nos barrios empobrecidos de calquera lugar porque, como di a Carta da Terra, somos unha única familia humana.

Dicía María Zambrano: “A paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa

A aprendizaxe da democracia é a mellor pedagoxía da paz. E na cartografía dos afectos e dos sentimentos, esa que deseñamos nas familias, en calquera modelo de familia existente, sobre a base do cariño e do amor, alí está o secreto mellor gardado para a prevención das violencias, porque son os afectos e os sentimentos, os seus mellores antídotos.
 O Día Escolar pola Paz é importante, mais a paz, como dixemos, ten que ser moito máis ca un conto –efémero- de pombas e globos.