Benvidas, benvidos, amigas e amigos

A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...

26 feb. 2014

O festín da cobiza



O Estado Español é hoxe o máis desigual de Europa agás Letonia. Zygmunt Bauman, catedrático emérito de Socioloxía na Universidade de Varsovia, remata o seu interesante libro, A riqueza duns poucos benefícianos a todos?, cunha magnífica cita de Arthur Koestler, da súa Autobiografía II, A escritura invisible, que di “A cegueira voluntaria é hereditaria”.

       Nin que dicir ten que Bauman refuta, con meridiana claridade, a pregunta que da título ó seu libro. De ningunha maneira a riqueza duns poucos, pouquísimos na actualidade, beneficia a maioría social. En absoluto. Cúmprese así a profecía de Mateo coa que abre a súa reflexión: “Porque ó que ten, daráselle máis e abundará, e ó que non ten, aínda aquilo que ten seralle arrebatado”. Como xa adiantara Adam Smith, “Onde queira que exista gran propiedade, hai gran desigualdade. Por cada home rico ten que existir, polo menos, cincocentos pobres”.

Hoxe en día, por desgraza, a tímida proporción establecida por Adam Smith está amplamente superada. Ben recente é o estudio de Intermon Oxfam que amosa como 85 ricos, riquísimos, acumulan tanta riqueza como 3.570 millóns de pobres, pobrísimos, en todo o mundo. A metade da riqueza do planeta está en mans do 1% da poboación. Que acaída era a consigna do 15M!, somos o 99%... E a situación de desigualdade no mundo, e na propia casa, non fai máis que empeorar. Na época da Ilustración, o di moi ben Baumann, o nivel de vida de calquera lugar nunca duplicaba ó da rexión máis pobre. Hoxe, o país máis rico, Qatar, presume de ter unha renda per cápita 428 veces máis alta que a do país máis pobre que é Zinbabue.

Os danos colaterais desta inxusta distribución da riqueza, a escala global, son  brutais, non digamos o sufrimento, pero a outra grande vítima da profunda desigualdade é, precisamente, a democracia, tamén recortada, chámanlle democracia e non o é!!!. A distancia que separa ós de arriba dos de abaixo na xerarquía social non para de incrementarse. A OIT estima que 3.000 millóns de persoas, case que a metade da poboación mundial, vive por debaixo do limiar de pobreza, téñense que valer con menos de 2 dólares diarios!!!. As 20 persoas mais ricas do mundo, entre eles, o noso Amancio, teñen recursos iguais ós de mil millóns de pobres.

A situación é tan paradoxal que a diferencia entre os países mingua mentres que dentro de cada país a desigualdade medra. Un dos cambios máis dramáticos que se está a producir é a degradación progresiva das clases medias, a súa conversión paulatina no chamado “precariado”. Hoxe, o futuro dun neno ou dunha nena está claramente determinado polas súas circunstancias sociais, por onde naceu e pola situación social dos seus pais, a boa estirpe, que diría Mariano Rajoy, e non polo seu propio talento e esforzo. Nos anos ’60, o salario medio dun director executivo era aproximadamente 12 veces maior que o salario medio dun obreiro fabril. Hoxe, está por riba das 531 veces.

Os neoliberais de tódalas pelaxes dan por feito que as nosas diferentes capacidades, como a nosa estatura, veñen determinadas polo nacemento. Para eles, as persoas pouco ou nada podemos facer para cambiar o noso destino. Entre as súas grandes mentiras está tamén a de pensar que o crecemento económico resolve tódolos males, que o consumismo desmedido achéganos á felicidade, que a desigualdade entre as persoas é natural e que a competitividade é o mellor camiño para acadar a xustiza social. Mentres se esforzan por facernos crer as súas mentiras, a desigualdade social está medrando a unha velocidade sen precedentes. As dez persoas máis ricas do mundo acumulan unha riqueza de 2.700 millóns de dólares, é dicir, toda a economía francesa, a quinta do mundo. O noso Amancio Ortega, propietario de máis de 1600 tendas de Zara, gañou, en 2011, 66 millóns cada día, tódolos días. E isto acontece, como os bancos, as grandes multinacionais, os políticos corruptos, nun tempo de austeridade máxima para a inmensa maioría, para o 99,9%.

Richard Rorty, en “Forxar o noso país: o pensamento de esquerdas nos EE.UU do s. XX”, afirma que “Mentres o proletariado estea distraído da súa propia desesperación con acontecementos ficticios creados polos medios de comunicación… os superricos non teñen nada que temer”.

E Daniel Dorling, pola súa parte, considera que da mesma maneira que durante moitos séculos considerouse normal a escravitude ou que as mulleres non puideran votar, “outras grandes inxustizas do noso tempo son, para moitos, sinxelamente parte da paisaxe da normalidade”.


Non hai beneficios na cobiza, para ninguén, só para os cobizosos. A este paso, a crecente acumulación de ira, de odio e de resentimento social, explotará con certeza e -de seguro- derivará en violencias e destrución, en saqueos e incendios, sona de algo?, de tantos e tantos excluídos do festín da cobiza… e o lamentaremos. Se quedara unha pinga de cordura, aínda que fose de egoísmo lúcido, alguén tería que mandar parar. Pero como dixo Koestler, a cegueira voluntaria é hereditaria…

21 feb. 2014

Que democracia queremos?






Que democracia queremos?
Manuel Dios Diz
Espazo Ecosocialista Galego
Hotel Compostela, 20 de Febreiro de 2014
Acto de AGE*


Se nos interrogamos pola democracia que queremos, estamos afirmando que a democracia realmente existente non nos gusta. Aínda resoan en moitas conciencias os ecos daqueles berros do 15M: que non nos representan, que non!, a esixencia dunha democracia xenuína, a democracia real xa! ou Chámanlle democracia e non o é!

José Saramago, con tino, dicía: "A democracia en realidade non existe. (...) Na miña opinión, quen verdadeiramente manda son institucións que non teñen nada de democráticas, como o Fondo Monetario Internacional, as fábricas de armas ou as multinacionais farmacéuticas…"

Son cada vez máis as persoas que identifican, con razón, a democracia neoliberal cunha democracia de baixa intensidade, mesmo cunha democracia autoritaria (lei se seguridade cidadá, lei de seguridade privada, restrición crecente de dereitos e liberdades, fin da xurisdición universal), ou se queredes como a ditadura dos mercados, iso que Martiño Noriega tanto repite, os mandados dos mandados. Os gobernos son vistos como os gabinetes de xestión dos intereses dos grandes poderes económicos e financeiros contra as maiorías sociais, a xente do común, que diría Beiras.

Hai pouco, Intermon Oxfam, con ocasión do Cumio de Davos, ese lugar inaccesible entre montañas nevadas onde se reúnen as elites globais para xearnos o futuro a todas e todos, fixo público un demoledor informe que viña a resaltar un feito: canta maior é a desigualdade, menor é a xustiza, e tamén menor resulta a democracia. Asistimos a un paradoxo: mentres aumenta o número de réximes democráticos no mundo, a democracia, as bases e as condicións da democracia, dentro de cada estado, diminúen.

En realidade, a escala global, vivimos nunha plutocracia, unha minoría de estados, chámense G7, G8 ou G20, deciden por todas e todos, póñense por riba de 193, ó tempo que baleiran de contido á propia ONU, que tampouco é unha democracia. Pero o mesmo acontece a escala nacional ou local: a democracia vaise esvaíndo e, cada día máis, a plutocracia tecnocrática e corrupta lexisla e goberna para as elites económicas, mesmo sen ser elixida por canles democráticas. Son, en realidade, os xestores dos grandes poderes, máis e máis alonxados da cidadanía por muros de privilexios e barreiras de incomprensión.

Joan Subirats preguntábase sobre que democracia temos e que democracia queremos. Constataba que entre 1945 e 1975, en tres décadas, reducírase á metade a desigualdade en Europa Occidental como consecuencia de políticas redistributivas que se consolidaron logo da IIGM, o que coñeciamos, desde logo moi tardiamente e de maneira moi feble aquí, como o Estado do Benestar. Alguén o cualificaba, no noso caso, como Estado de Medioestar. Pero, desde 1975, estamos asistindo a un brutal proceso de transferencia de renda, de saqueo, de espolio, onde a desigualdade foi medrando e, de feito, voltamos a ter niveis de desigualdade que nos retrotraen á primeira metade do século XX. O Estado Español ve hoxe como os logros sociais conseguidos con tanto esforzo se van deteriorando rapidamente e están xa, estruturalmente ameazados. Cando Warren Buffet, un lobo de Wall Street, o número 13 na lista Forbes, dicía: "Claro que existe a loita de clases, e os ricos a imos gañando”, acertaba. Para a gran maioría da nosa cidadanía estamos xa no Estado do Malestar.

Débese a que nesta confrontación entre os de arriba e os de abaixo (os de arriba, os que se reúnen en Davos, os que ocupan as portadas de Forbes, o capitalismo especulativo e financeiro, completamente desregulamentado), os que alimentan os paraísos fiscais, mudaron a economía produtiva por unha economía de casino controlada por eles. E substituíron, como trileiros, os valores cívicos e democráticos polos valores do mercado.

Da mesma maneira que máis desigualdade significa menos xustiza, menos democracia, significa tamén menos futuro para cada vez máis sectores sociais, particularmente para a mocidade, para os mais febles e tamén para as clases medias, a cada paso máis demediadas. As cifras estatísticas son abraiantes. Por exemplo: máis do 50% dos menores de 30 anos non tiveron nunca un emprego!!!

Pero abonda xa de facer diagnósticos que todas e todos partillamos.

Trátase de propoñer a democracia que queremos, porque parece evidente que a existente non serve para resolver os problemas das persoas. O bipartidismo, o modelo saído da Transición, a democracia case que orgánica, está esgotada. Máis aínda: está podre, fede por todas partes, non importa a onde se mire. Por iso consideramos que vivimos tempos de excepción, por iso é tempo de acción, de acción cooperativa e unida.

Cando falamos dunha nova democracia teriamos que empezar por mirar para nós mesmos. Un novo modelo democrático, que substitúa o actual ten que comezar por nós mesmos. Non podemos propor á sociedade unha nova cultura política (novas maneiras de actuar e de intervir politicamente, unha nova democracia, si representativa, pero tamén participativa, moito máis directa, máis horizontal, máis transversal, menos vertical, menos autoritaria, máis aberta e plural, máis interactiva, menos pasiva…)… non podemos propoñela se seguimos a manexarnos polos métodos e as maneiras da vella política, da vella democracia.

Por iso, cando queremos facer chegar á cidadanía, á sociedade civil, aires novos de esperanza e de ilusión, non podemos, entre nós mesmos, na nosa vida persoal e social, pero tampouco internamente, nos partidos e nas coalicións, continuar a pelexar pola hexemonía. Somos e queremos ser un modelo de cooperación política, nós mesmos definimos o noso proxecto como unha cooperativa política, porque non cremos nos partidos guías nin nas tutelas nin no clientelismo… porque non acreditamos nunha vangarda que todo sabe e que todo entende, á marxe da cidadanía, dos movementos sociais… porque reclamamos o noso dereito a construír unha nova cultura política, mesmo cometendo erros, que de ben seguro cometeremos. E serán erros lexítimos, erros dunha cidadanía libre que constrúe o seu futuro partillando o seu presente.

Se algo puxo de manifesto o movemento 15M foi precisamente a desafección coas actuais maneiras e modos de participación política, cunhas prácticas, discursos, actitudes e estruturas organizativas que están en aberta contradición co que lle propomos á sociedade. Esa terrible contradición entre o que dicimos e o que facemos, entre a prédica e o reparto de millo.

Todo o que estou a comentar está en directa relación coa democracia que queremos, unha democracia xenuína, interna e externamente, moito máis aberta e participativa, onde os valores cívicos e democráticos, a ética pública, as virtudes de cidadanía, a honestidade, a decencia, a honradez e o compromiso sexan as bases fundamentais da nosa actuación política.

Xunto con iso, claro que si, radicalidade democrática, republicanismo, transparencia, sustentabilidade, xustiza social, protección das persoas, cultura de paz, dereito a decidir todo, soberanismo cívico, como eixes centrais sobre os que vertebrar un novo proceso constituínte.

Cando falamos de democracia participativa, facémolo porque non nos chega con que nos reconten cada catro anos, queremos contar, non simplemente ser contados; queremos ser protagonistas, actores, construtores do noso propio futuro, para dar cumprimento a  aquilo que tan magnificamente berrou Madiba: "Son o amo do meu destino, son o capitán da miña alma”.

A política ten que servir para que a sociedade evolucione, para resolver os problemas novos e vellos da cidadanía... se non é así, non vale… non nos vale, nin a nós nin a ninguén.

Desde a nosa perspectiva son tres as liñas básicas para orientar a nosa acción política:

•       Defensa dunha nova cultura da sustentabilidade ecolóxica e social
•       Participación cidadá e máis democracia
•       Defensa do ben común

Boaventura de Sousa Santos, desde Coímbra e por todo o mundo, leva anos, reivindicando "democratizar a democracia”.

Desde a nosa perspectiva, democratizar a democracia, aquí e agora, significa, reformar a lei e o sistema electoral, implantar a proporcionalidade, suprimir os limiares mínimos para obter representación nas cámaras, converter Galicia nunha circunscrición única, promover as listas desbloqueadas en todo os procesos electorais, establecer eleccións primarias para escoller as persoas candidatas, mesmo decidir por votación a orde dos postos nas listas entre afiliados e simpatizantes, e dotar ós programas electorais da condición de "contratos vinculantes" para que poidan ser requiridos polo Valedor ou Valedora no caso de incumprimento manifesto.

Para nós, Democratizar a democracia significa, agora, ampliar a obrigatoriedade legal de discutir en Pleno no Parlamento de Galicia as ILPs (Iniciativas Lexislativas Populares), implantar os referendos por iniciativa popular, as mocións de confianza popular, fórmulas de fiscalidade participativa, os orzamentos participativos, as prácticas de goberno aberto, os consellos e as estrutura de participación política en todo os ámbitos, as redes de participación cidadá…

Débese limitar por lei o número de mandatos en cargos electos, así como aprobar mecanismos de revogación, prohibir a acumulación de cargos, suprimir os privilexios aparellados ó cargo, establecer topes máximos de remuneración, a obrigatoriedade dos debates electorais e máis a limitación de gasto nas campañas e dotarnos dunha lei de financiamento estrito dos partidos…

Estas son algunhas das nosas propostas para democratizar a democracia. Non están todas, probablemente falten moitas máis, pero queremos poñer en marcha este proceso acompañando e acompañados pola cidadanía galega. Xuntos, xuntas, porque efectivamente, xuntos podemos… e, ademais, debemos.

Remato xa, Vicens Navarro, onte, dicía que “Democracia e benestar, e calidade de vida son, pois, as dimensións claves que deberían definir ás esquerdas. Democracia como fin, e democracia como estratexia”.


Moitas grazas.


* Texto da intervención no Acto de AGE en Compostela sobre: Que democracia queremos?

20 feb. 2014

Valores, principios y virtudes cívicas



La educación para la paz reconfigurada
La perspectiva de las víctimas*
Xabier Etxeberría
Los libros de la Catarata, Madrid, 2013.

         Hace ya algunos años, con ocasión de unos Encuentros de Educación para la Paz que organizamos en Santiago de Compostela, conocí personalmente, a Xabier Etxeberría. Sabía de el por sus publicaciones, por su buen hacer en Bakeaz, por su trabajo profesional en la Universidad de Deusto, de la que hoy es catedrático emérito de Ética, y de sus preocupaciones y lineas de investigación. Por eso no me sorprende nada su último libro, “La educación para la paz reconfigurada” así como su enfoque principal, “La perspectiva de las víctimas”. Quizás no podía ser otra persona mas que Xabier Etcheberría, y desde la experiencia vivida (y sufrida) en el País Vasco, el que hiciera esta revisión en profundidad, de los contenidos, objetivos, metodologías de la educación para la paz, con el enfoque y la mirada de las víctimas, de todas las víctimas de las violencias.
        Victoria Camps, en el Prólogo, ya destaca que es precisamente la perspectiva de las víctimas, y en Euskadi, el elemento más innovador de esta necesaria publicación, en un contexto donde la tentación más fácil sería la de esconderse, la de ampararse en una supuesta neutralidad, que el autor califica de trampa y cobardía, para apelar a lo que llama “la empatía de la imparcialidad” porque frente a la justicia (o a la injusticia) no está permitido ser neutral.
        El profesor Etxeberría adelanta en su introducción su hoja de ruta, dar una panorámica de la educación para la paz, actualizar lo mucho hecho con un enfoque global frente a las violencias, así, como nos gusta decirlo, en plural, y con novedades muy relevantes, de la que no es la menor, la mirada de las víctimas, todas iguales y todas diferentes, con visión de universalidad, en el País Vasco, en el Estado y, particularmente, en América Latina, con la que el autor mantiene viejas querencias y preocupaciones.
        Quisiera destacar la completa y actualizada bibliografía, clasificada segun sus temáticas, así como el reconocimiento, al que me sumo, por el trabajo colectivo de Bakeaz y al equipo que participó en los debates previos de cada capítulo, varios de ellos amigos y colegas, como son: Martín Alonso, Galo Bilbao, Sara Maza, Javier Merino, María Oianguren y a Josu Ugarte,  a quien desde aquí mando un abrazo agradecido y de reconocimiento.
        Xabier Etxeberría, hace un muy pormenorizado recorrido sobre el enfoque y el alcance de la educación para la paz desde los años ’80, sus fuentes de inspiración, su fundamentación teórica, sus componentes iniciales, el enfoque socioafectivo... para resaltar, en cada ámbito, el enfoque substantivo de las víctimas. Analiza luego los agentes de la educación para la paz e incorpora a las víctimas como agentes, ¿a cuales?, a todas ellas, a las víctimas en sentido moral, todas las que sufren a consecuencia de algo, en su cuerpo, en su psique, en sus bienes... en su dignidad, las víctimas de todas las violencias, de la estructural, de la directa, de la cultural, para considerarlas educadoras, porque somos educados por las víctimas, de ahí la necesidad de visibilizarlas, aunque reconoce con acierto que no cualquiera víctima está llamada a intervenir directamente en el aula.
        En los referentes éticos generales de la educación para la paz considerados desde la perspectiva de las víctimas se detiene en los valores, en los pricipios y en las virtudes. También los violentos siguen conservando su condición de dignidad. La noviolencia, la desobediencia civil, la fidelidad a la memoria asentada en la verdad, la justicia restaurativa, el reconocimiento, las virtudes para convivir, las privadas y las cívicas, los horizontes y los modelos pedagógicos de la educación para la paz inspirados en las víctimas, están sustentando poderosamente una publicación que agradecemos, por su oportunidad, solidez y rigor.

* Comentario publicado en Cuadernos de Pegadogía en el número 442, correspondiente a este mes de Febrero.

        

5 feb. 2014

Y FEDERICO MAYOR VOLVIÓ A LA UNESCO

 Federico Mayor con Edgar Morin



Amaneció un día magnífico en París, luego de un Domingo soleado que aprovechamos para perdernos por calles y parques, después de varios meses sin ver el sol en Santiago de Compostela. Fue el pasado lunes, 3 de Febrero. Llegamos a la sede de la UNESCO, en la Place Fontenoy, temprano, a las 9 eran las acreditaciones, por la Rue Zufren. Se notaba bullicio. Las personas se paraban antes de pasar el scaner de seguridad. Nos acompañaron a la Sala X, lugar donde se celebran las reuniones habituales del Consejo Ejecutivo de la UNESCO. Es un espacio amplio, luminoso, dispuesto en varios círculos concéntricos en donde se sitúan la presidencia, el secretariado, los relatores, invitados, delegaciones… en el techo un artesonado que simula una estrella, en los asientos la traducción simultánea en los idiomas oficiales, en la parte superior, los intérpretes. En el centro, una cámara de la televisión de la propia institución.

         La delegación de la Fundación Cultura de Paz era amplia. La expectación enorme. Muy pronto la sala estaba llena.

Federico Mayor y Boutros Ghali

Toda la sala puesta en pié felicitó al profesor Mayor en su 80 Aniversario

         Federico Mayor Zaragoza, ex director general de la UNESCO entre 1987 y 1999, se movía como pez en el agua. Volvía al lugar en donde había conseguido aprobar resoluciones y declaraciones de enorme relevancia, particularmente, la de Cultura de la Paz y su Plan de Acción, luego asumida por la Asamblea General de la ONU en 1999. Estaba acompañado por Georges Kutukdjian, promotor del homenaje por su 80 Aniversario, junto con otras personalidades de un Comité amplio y plural, en el que participaron Françoise Riviére, Breda Pavlic, Doudou Diene o Pío Rodríguez, miembro del Consejo Ejecutivo y único representante de España que tomó la palabra en el acto de homenaje. El embajador, delegado permanente ante la UNESCO, D. Juan Manuel Barandica Luxán, presente en la sesión de la mañana, optó por el silencio.

La esposa de Federico Mayor, Cheles, y sus dos hijos, Pablo y Federico

         Todo fueron reconocimientos, elogios, semblanzas y recuerdos emocionados de personalidades destacadísimas de la vida de la UNESCO sobre la figura, el pensamiento y las acciones llevadas a cabo por el que fuera Director General durante 12 años. La huella dejada en aquella institución por el profesor Mayor Zaragoza, desde el más humilde funcionario hasta los directores ejecutivos, ha sido enorme. Todas las intervenciones reflejaban cariño y añoranza, desde la actual directora, Irina Bokova, su antecesor, Amadou Mahtar M’Bow, su sucesor, Koichiro Matsuura o el propio presidente del Consejo Ejecutivo en la actualidad, Mohamed Sameh Amr.

Una parte de la delegación de la Fundación Cultura de Paz

         Si tuviera que destacar algunas de las intervenciones que a mi más me han impresionado, sin duda, tendría que citar las de Mihail Gorvachov, Mary Robinson, Koffi Annan o Mario Soares.

         Especialmente emotivas fueron las palabras de Boutros Ghali, ex secretario general de las Naciones Unidas, las de Robert Badinter, ex- ministro de Justicia francés con Miterrand, Henri Lopes, Aminata Tahoré o la de Edgar Morin. Todos coincidieron en destacar su papel, su capacidad para hacer posibles los imposibles, su apuesta por Africa y por la educación para todos. E incluso hubo tiempo para que un grupo de funcionarios y funcionarias de la UNESCO le cantaran el cumpleaños feliz.

         Federico Mayor Zaragoza, contestó y agradeció a todas y todos, a quien no pudo nombrar, los citó por escrito, y figurarán en las actas de la reunión. Habló de su paso por la institución internacional que representa a la intelectualidad de la ONU, apeló a que debe recuperar su protagonismo para construir la paz en la mente de los hombres, con independencia y rigor, con coraje cívico, colocándose al frente de las reivindicaciones que figuran en la Carta Constitutiva de la UNESCO y en la Declaración Universal de los Derechos Humanos, nosotros los pueblos, para evitar a nuestros hijos el horror de la guerra, todos iguales en dignidad, con los valores cívicos y democráticos en el horizonte, la justicia, la solidaridad, la igualdad, la fraternidad, frente a los valores de los mercados, promoviendo la Cultura de la Paz, la educación para la paz, los derechos humanos y la democracia, de la necesidad y urgencia de una Declaración Universal sobre la Democracia; del diálogo intercultural y la alianza de civilizaciones, de la superación de la pobreza y la exclusión, de la prevención y la consolidación de la paz, resolviendo pacíficamente los conflictos.

Intervención de Aminata Tahoré

         Hizo especial hincapié en la refundación de las Naciones Unidas, del papel de la UNESCO en esa tarea, con representación de la sociedad civil y de los estados, sin derechos de veto, con voto ponderado y de todos los países, con un Consejo del Medio Ambiente y otro de carácter Socioeconómico, además del de Seguridad, para hacer frente a los desafíos globales, la guerra y los conflictos bélicos, el terrorismo, los tráficos de personas, de armas, de órganos, de drogas, para cerrar de una vez los paraísos fiscales, evitar el armamentismo y el poderío nuclear.”Ya está bien de que unos pocos decidan por todos, basta de G7, G8, G20, no es la plutocracia sino la democracia verdadera a todas las escalas, también en la global”. En algunas intervenciones le pidieron que liderara la Declaración Universal por la Democracia.




         El embajador, delegado permanente de España ante la UNESCO, Sr. Barandica Luxán, escuchaba con una actitud entre displicente y ausente, en alguna ocasión sonreía, se revolvía en el asiento, comentaba algo con quien parecía su secretaria, miraba el reloj, se le hacía muy larga la ceremonia, tanto que apenas finalizó de hablar Federico Mayor, se ausentó, escuchando de fondo la atronadora salva de aplausos con toda la sala puesta en pié en honor del profesor Mayor.

         Debo reconocer que sentí vergüenza y desprecio por el representante del gobierno del Reino de España ante la UNESCO. Luego, en los corrillos, no se hablaba de otra cosa. Para bajar el tono de mi indignación me acordé de los Diplomáticos de Monte Alto