Acto de sinatura dos acordos no Mosteiro de Santo Antonio de Herbón (Padrón)
A finais do ano 2008, é
dicir, vai xa para tres anos, concibimos un proxecto ó que dedicamos, desde
aquela, moitísimos esforzos persoais e tamén moitos recursos materiais. Tratábase de crear,
no Mosteiro de Santo Antonio de Herbón,
en Padrón, un Centro Internacional pola
Paz.
O denominamos Lar da Paz, e estaría no marco dun
espazo magnífico, de 48.000
metros cadrados, á beira do Río Ulla, na súa
desembocadura, dentro dun monumento orixinal do século XIV, parcialmente abandonado e
necesitado de urxente rehabilitación, habitado na actualidade por tres frades
presididos polo seu Prior, D. Roberto
Freire, moi entusiasta e comprometido coa dinamización,
utilidade, apertura e posta en valor do convento.
A idea xurdira polo
coñecemento da experiencia de Baketik,
o Centro pola Paz de Ar ántzazu, en Euskadi, ubicado, tamén, nun
espazo franciscano, como Asís, e presidido
polo bo amigo Jonan Fernández. Con
el conversamos, alí estivemos, vendo a súa realidade e funcionamento. E concibimos con el a posibilidade dun proxecto similar en Galicia.
Iniciamos as conversas co
prior de Herbón, expuxémoslle o proxecto, entusiasmouse con el. Coincidiría,
ademais, con outras iniciativas xa en marcha en Herbón, cunha entidade de
agricultura ecolóxica, Sementar; con
Viravolta, e o seu proxecto de crear
unha Casa de Acollida para nenos en situación de risco de exclusión social, e
coa Asociación de Amigos do Camiño de
Santiago que pretendía construír un albergue de peregrinos e un Centro de Estudios Xacobeos. Tratábase,
polo tanto, dun proxecto integral, de carácter plural, complementario e de
enorme interese, académico, social, ambiental e cultural.
As conversas do Seminario Galego de Educación para a Paz
coa Orde Franciscana frutificaron nun Acordo, asinado por nós, pola Fundación
Cultura de Paz que preside D. Federico
Mayor Zaragoza, o Padre Amado,
en representación dos propietarios dos espazos e a Fundación Convento de Herbón,
o 23 de Decembro de 2009. Por ese acordo, cedíanse aproximadamente 1070 metros cadrados
para o Centro Internacional pola Paz,
por un tempo de 20 anos ampliables, para poñer en marcha un proxecto formativo e investigador, con Salón
de Actos, Sa de Exposicións Permanente, aulas, despachos, biblioteca e
videoteca, onde tería unha sede externa a Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC creada o pasado mes de Decembro e mesmo un Centro UNESCO de Galicia, en proceso de constitución.
Sobre esta base
propuxémoslle ó arquitecto Pedro de
Llano a elaboración dun Proxecto Básico de rehabilitación dos espazos moi
na liña do realizado por el no Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi. O
traballo feito, fantástico, figura na nosa web, e presentámosllo a diversas
institucións públicas e privadas, tanto de Galicia como do Estado, co fin de
acadar a financiación necesaria. O proxecto arquitectónico completouse cun amplo modelo de funcionamento e de contidos que tamén demos a coñecer publicamente.
Todo ía sobre rodas.
Mesmo algunhas institucións, nomeadamente o Mº de Fomento, con cargo ó seu programa do 1% cultural, mostrou o máximo interese, nunha entrevista que
mantivemos, Federico Mayor e eu mesmo en Madrid. Iso si, puxéronnos varios
deberes. En primeiro lugar, conseguir para Herbón, a incoación do expediente de
Ben de Interese Cultural por parte
da Xunta de Galicia, en Patrimonio, condición previa para poder presentar o
proxecto ó financiamento do 1% cultural.
E o fixemos, nun prazo
especialmente curto, coa colaboración e apoio do Director Xe ral de Patrimonio, o Sr. Re y Pichel e o da súa Subdirectora, Dª María Diz. Ambos comprometéronse desde
o primeiro momento cun proxecto que consideraron do máximo interese, para nós,
para Herbón e para Galicia e a súa cultura. Na actualidade, logo da preceptiva
publicación no DOG, o expediente BIC segue o seu curso, do cal estamos
particularmente orgullosos.
Desta maneira, Fomento
aceptou a solicitude. Mesmo comprometeu o seu financiamento polo 75% do total
da obra de rehabilitación, 700.000€, nada menos. Ata o punto de que o
Secretario Xe ral de Re lacións Institucionais e Coordinación do Mº de
Fomento, D. Fernando Puig de la Bellacasa , veu a
Herbón, coñeceu persoalmente os espazos, apoiou a iniciativa do Lar da Paz e asegurou que antes de
rematar o ano 2011, o proxecto estaría aprobado nos termos comprometidos para a aplicación do 1% cultural, con dúas
únicas condicións. Por unha banda, que o Mosteiro de Herbón solicitara a
integración no Plan Nacional de
Monasterios, Abadías y Conventos do Mº de Cultura. E, pola outra, que o Concello de Padrón, actuara como entidade pública intermediara
entre a Orde Franciscana e o Seminario Galego de Educación para a Paz, ambas
privadas.
Previamente, o
arquitecto, Pedro de Llano tiña que presentar o Proxecto de Execución Final da obra. E así o fixemos, moi apurados
polos prazos, e por un valor total de 28.345€. Toda a documentación, a requirida por
Fomento, a entreguei persoalmente en Madrid o día 23 de Outubro pasado.
Faltaban as dúas
condicións postas por Fomento para aplicar o 1% cultural a Herbón. Aquelas que
tiña que aceptar a Orde Franciscana. Como dixemos, a entrada no Plan Nacional de Mosteiros e a intermediación dunha entidade pública como o Concello de Padrón.
Ata o último minuto o Mº
de Fomento esperou o cumprimento destas dúas condicións. En diversas ocasións,
durante os últimos dous meses, D. Fernando
Puig falou comigo e con Federico
Mayor Zaragoza reclamando as
dúas condicións citadas, tamén por escrito.
Non foi posible. A Orde
Franciscana, o seu goberno presidido polo Padre
Castiñeira, non aceptou, finalmente, o cumprimento das dúas condicións
anteriores. De pouco serviron as cartas que, a última hora, remitimos tanto eu
como Federico Mayor ó provincial. En consecuencia, a única posibilidade existente
de financiar a rehabilitación de Herbón, alomenos dos espazos do Lar da Paz, esfumouse completamente, cos 700.000€
comprometidos, xunto cos anos de traballo e os gastos ocasionados durante todo este
laborioso proceso.
Sinceramente, ninguén entende o
acontecido. Algúns pensan que existe unha maldición sobre Herbón, pois cando
todo parece indicar que vai adiante un proxecto de rehabilitación e
recuperación, de posta en valor dos espazos, no último segundo, trúncase. Outros
consideran que alguén, con gran poder de influencia, sementou sombras de dúbida e
desconfianza para que o proxecto non frutificase. Mesmo fálase de presións
políticas de última hora, aquí, en Galicia. E tamén hai quen pensa que, hoxe
por hoxe, os franciscanos teñen xa outras expectativas distintas.
Sexa cal sexa a razón
final, algún día a coñeceremos con exactitude, a realidade é que o proxecto de Lar da Paz en Herbón, co que soñamos, ao que tantos esforzos dedicamos, o que nos custou moito completar, non
verá a luz. Polo menos, a medio prazo. E tal como están as cousas,
probablemente, nunca.
Decepción?. Moita. Poucas
veces na vida pasa por diante unha posibilidade tan certa de facer realidade un
proxecto deste nivel. Mais temos a tranquilidade de saber que, pola nosa parte,
fixemos todo o que puidemos, e máis aínda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario