Hoxe, 30 de Xaneiro de 2011, hai 63 anos que foi asasinado o Mahatma Gandhi. O mesmo ano en que Nacións Unidas aprobaba a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, co seu apoio, por certo, e o da súa nai, a quen dou a ler o texto que aprobara a Comisión presidida por Eleanor Roosevelt, tal e como me contou Federico Mayor Zaragoza, quen cando Director Xeral da UNESCO, atopou unha carta, do Mahatma, na que contaba que a súa nai tamén concordaba coa Declaración, aínda que botaba en falla, algúns deberes entre tantos dereitos. Non sabía daquela que moitas persoas de ben, en todo o mundo, coincidirían con ela, co paso do tempo.
Ben, pois hoxe, Día Escolar pola Paz, a Federación Galega que agrupa ós cargos directivos dos colexios e dos institutos, denuncia publicamente, e o recolle Europa Press, que eles tampouco foron consultados en relación co Anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa. Mais afirman que concordan coas alegacións do Seminario Galego de Educación para a Paz e as dos MRPs. Si o poñemos en relación co que aconteceu no Observatorio Galego da Convivencia Escolar, de onde se retiraron a maioría das entidades que representan á comunidade educativa e logo coa derrota estrepitosa da Consellería no máximo órgano de participación que é o Consello Escolar de Galicia por 21 votos pedindo a retirada do texto fronte dos 11 a favor e dúas abstencións, concluiremos que, aínda sen ser vinculantes, en pura lóxica democrática, non parece que o mellor camiño sexa "sostenella e non enmendalla" levando ó Parlamento unha Lei para aprobala por 1 voto dado que, en materia de convivencia e participación, precisamente, non parece moi razonable a imposición contra da opinión da prática totalidade da comunidade educativa. Porque, o malo non é equivocarse. Peor é permañecer no erro. Aínda que o máis dramático sería seguir nel a sabendas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario