Benvidas, benvidos, amigas e amigos

A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...

28 feb 2011

O ASUNTO DE ARTEIXO TEN MALA PINTA...

   Hoxe, luns, as persoas que forman parte do Consello Escolar do Colexio Novo de Arteixo, decidirán sobre un único punto na Orde do Día, aplicar as sancións correspondentes á nena musulmá que, desde hai meses, acode á escola con hiyab, contravindo o Regulamento de Réxime Interno aprobado unanimemente no Claustro e no propio Consello.

   Non é unha decisión fácil. Desde a nosa perspectiva, a peor das solucións é castigar á nena coa expulsión temporal. Significa, na práctica, vulnerar o seu dereito á educación e á escolaridade. Tamén podería implicar a vulneración de dereitos individuais consagrados pola Lei de Liberdade Relixiosa vixente, tal e como afirma, por escrito, o abogado da familia.

   A Consellería, nun alarde de contradición evidente, admite o veo en Lugo e apoia o prohibicionismo en Arteixo. Amparándose na suposta autonomía de cada centro educativo, declina, así, calquera responsabilidade.

   A alcaldesa do PSOE apoia a reivindicación do pai e defende o uso do hiyab nas clases porque, afirma, non ataca dereitos dos demais. O representante do Concello no Consello, de Terra Galega, noutro alarde de contradición política nun goberno de coalición, votou favorablemente o Regulamento que prohibe levar complementos de calquera tipo na cabeza, incluído o hiyab, dándolle o mesmo carácter que a unha gorra ou unha visera, ignorando o seu significado relixioso e cultural que o singulariza obxectivamente.

   Hai uns días, un coñecido comentarista político, sorprendíase de que partidarios do laicismo fosen os máximos defensores da tolerancia co hiyab. Non facía mención, sen embargo, a que sexan os sectores máis vinculados coa dereita política os principais partidarios de prohibilo. Efectivamente, entre as persoas que apoiamos unha escola laica, as hai que defendemos, por riba de todo, o dereito á educación e á escolaridade, coa mesma firmeza que promovemos a retirada da simboloxía relixiosa dos centros públicos e da liturxia política. Sen embargo, coa lexislación vixente, nun estado aconfesional (que non laico, como Francia, por exemplo), coa Lei de Liberdade Relixiosa, ninguén pode impedir que un neno leve unha cruz ben ostensible ó pescozo, nin tampouco o hiyab.

   Si falamos do modelo educativo que propugnamos, si España fose un auténtico Estado Laico, o que implica modificar a Constitución e a lexislación en materia relixiosa, non cabería ningunha dúbida de que o prohibicionismo do hiyab e outros símbolos relixiosos, tería pleno sentido. Sen embargo, hoxe por hoxe, ó noso parecer, impedir o acceso á escola a unha nena por levar hiyab, vulnera dereitos individuais e pode significar un delito.

   Con independencia do anterior, cabería preguntarse si a prohibición do hiyab, por moi democrática que fose a aprobación do Regulamento, é a solución máis axeitada, e a expulsión, o castigo máis "educativo". Mesmo si estamos a propiciar a alternativa máis eficaz para acadar o obxectivo de que a nena decida libremente, agora ou máis adiante, cousa que parece evidente que non fai, xa que todos coñecemos a actitude impositiva do pai.

   Non cabe ningunha dúbida de que o hiyab tamén é un símbolo de sometemento, unha costume machista, relixiosa e cultural, que obriga ás mulleres a tapar, neste caso o cabelo, porque incita ó "pecado". Son algúns homes musulmás os que, apoiándose nunha visión anacrónica da relixión, obrigan ás súas fillas e mulleres a taparse, mentres eles visten como queren, aquí e alá. Non o dubidamos.

   Con todo, coa legalidade vixente, o hiyab nin podemos nin debemos prohibilo nas aulas. Nun centro escolar, o dereito á educación e á escolaridade, está por riba doutras consideracións. Traballemos educativamente cos cativos e cativas, coas familias, coa sociedade, nos medios de comunicación, desde o respecto, desde o diálogo franco, desde a concordia, para facilitar a convivencia democrática  e a interculturalidade, para que esta rapaza, e outras, decidan libremente.

   O hiyab non impide a realización das actividades académicas, non vulnera os dereitos dos demais, e a identidade da cativa, no seu DNI español, figura co veo precisamente polo seu carácter relixioso, como unha excepción que o Mº do Interior admite.

   Confiemos en que o Consello Escolar tome a mellor das alternativas. Non ten por que, non está obrigado a facer efectiva unha sanción de expulsión temporal, moito menos definitiva. Si o fai, ademais de vulnerar dereitos, está mandando unha mensaxe, a Arteixo e a toda Galicia, unha mensaxe que podería xeneralizarse mentres non exista unha sentenza xudicial, de que para evitar ás nenas musulmás con hiyab nos colexios galegos, a mellor solución é aprobar regulamentos como o do Colexio Novo. Tamén poderían provocar que outras nenas, que hoxe non levan hiyab, mañán o fagan, en solidariedade ca cativa, co que teremos un conflito maior.

   Estamos, desde a miña humilde opinión, e con perdón, diante dun choque de intolerancias, a do pai, probablemente un integrista e un machista, e a das persoas do Consello Escolar que, na súa pretensión san de "liberar" á nena da dominación patriarcal, optan por negarlle o seu dereito á educación e á escolaridade, castigándoa cunha expulsión que pode facerse definitiva en breve.

   Mala pinta, mal asunto...

24 feb 2011

D. FRANCISCO JAVIER RÍO BARJA, MESTRE EXEMPLAR

   Hoxe, Xoves, 24 de Febreiro, no Consello da Cultura Galega, rendiremos homenaxe público a un mestre exemplar. Coñecín a D. Francisco Javier Río Barja cando fun a matricularme na antiga Escola de Maxisterio. Estaba no Pazo de San Xerome, na Praza do Obradoiro, hoxe reitorado da USC. Daquela era un antigo caserón de madeira, ruidoso e apolillado, cun ambente familiar, máis parecido a un colexio de monxas que a unha universidade. A bedela Carmen tiña mando en praza. Os varóns, ademais, eramos minoría. Eu fixera o selectivo de Ciencias, quería ser biólogo, pero pronto descubrín que non era o que buscaba. Quizais a tradición familiar, en especial o meu abó José María, leváronme á docencia. Aínda non morrera o dictador. Era o Curso '73-'74. Foi o profesor Río Barja o que insistíu en que fixera a matrícula polo Plan Novo, o plan '71, porque posibilitaba o acceso á Universidade coa diplomatura. E fíxenlle caso, a pesares de que xa aprobara varias materias do plan antigo, o do '67. Renunciei e decidín empezar de novo. Foi un acerto.
   A verdade é que viviamos tempos complexos. O tardofranquismo agonizaba. O cambio percibíase. A mocidade reclamaba liberdade, nas rúas, nas aulas, en todo canto lugar había. E o movemento obreiro, as CC.OO, os militares demócratas da UMD, o nacionalismo, os partidos da extrema esquerda fragmentada, os comunistas, os reformistas do réxime... todos conspirando e empuxando. Portugal cantaba Grándola vila morena e trunfaba a revolución dos cravos. Cánta emoción desbordada. A ditadura de Franco asestaba os seus últimos golpes de represión e morte.
   A universidade era unha caldeira a presión. Os aspirantes a mestres fomos trasladados ó Burgo das Nacións, construído como albergue de peregrinos, e naqueles pavillóns con tellado de uralita, fixemos a carreira, entre ruídos e asembleas clandestiñas, con luces apagadas e moitos medos.
   Entre o profesorado da Escola de Maxisterio brilaba con luz propia Río Barja, magnífico profesor de Xeografía, tamén director, nalgúns anos, con Manolita Duque, que daba lingua. Non foron anos fáciles. Nin para él nin para ninguén. No meu curso eramos moi guerreiros. Difíciles, disruptivos diriríamos agora. Indisciplinados. Rebeldes. Alí coincidimos varias persoas significadas pola súa identificación esquerdista, militantes activos, moi comprometidos, mozos e mozas, bos estudantes, que non o puxemos nada fácil. Aturounos con tranquilidade e tolerancia. Falaba, comprendía, buscaba o acordo, non quería a policía dentro da Universidade, sofría. Sabía de todos aínda que non o parecera.
   Mais nas súas clases o esqueciamos todo. Coa súa palabra era quen de levarnos polo Pedregal de Irimia ás fontes do Miño, co seu aspecto de explorador inglés do XIX, alto, delgado, co seu bigote, parecía o mesmísimo David Livingstone, e conseguía subirnos ás Rochosas ou navegar polo río Congo. Era xeografía viva. Facía que a circulación xeral atmosférica fose un conto de anticiclóns e borrascas pugnando pola posición. Unha auténtica delicia.
   Logo de rematar maxisterio, en 1976, seguín usando, por moito tempo, os apuntes das súas clases. E quería imitalo, canto podía, cos meus alumnos e alumnas, en Portomouro, en Santa Brígida (Las Palmas), desprazado forzoso, en Catoira, en Trazo..., e no Seminario Galego de Educación para a Paz, porque D. Francisco foi para nós, para xeracións enteiras de docentes, un exemplo, un ideal, unha referencia. El foi quen de transmitirnos o amor pola terra, o desexo de coñecer, a curiosidade do xeógrafo, a procura das fontes, das fontes do Miño, onde gustaba bañarse, e mirar cara arriba, para o Pedregal de Irimia, e camiñar, escoitar,  ver, mais sobre todo sentir, amar a Xeografía de Galicia.
  

22 feb 2011

23F: ONDE ESTABAS TI ?

   Pouco despois do 23F, unha revista de información xeral publicaba unhas listas de persoas ás que que había que facer desaparecer inmediatamente, no caso de que o golpe de estado trunfase. Eu estaba nesas listas. Foi algo que me afectou profundamente, a min e á miña familia.
   Sen embargo, o 23F pronto percibimos que o golpe non sairía adiante. Tomamos algunha precaución no sindicato, ocultamos as fichas, algunha persoa non durmíu na súa casa, houbo quen mesmo decidíu pasar a Portugal, por si acaso... tiña 28 anos.


   Xa tiñamos á nosa nena, Iria, cun ano, bueno, cinco meses. E viviamos en Mestre Mateo, na entrepranta, mirando para a carretera de Noia e o Campus Sur. Facía moi pouco que compraramos a nosa primeira tele, unha Kolster. Fixen moitas chamadas. Algunhas visitas ó local do sindicato. Reunións de urxencia...
   Aínda que algo preocupados acostámonos tarde, cando xa falara Juan Carlos, e todo parecía controlado. Pola mañán, alivio. O País dicía en portada: "El intento de golpe de Estado, en vías de fracaso" cunha editorial titulada "Con la Constitución".
   Logo veu a resaca, o freazo autonómico, os recortes, e un ano despois, Felipe González arrasa.
   O que máis me chama a atención cando miro a famosa foto da Manifestación multitudinaria en Madrid, e as múltiples manifestacións que se celebraron pola liberdade e a democracia en todo o Estado, en Galicia tamén, é a completa ausencia de mulleres. ¡Cánto cambiamos!... 
   E logo sorprendémonos de que nas revoltas árabes non vexamos mulleres. Vense moitas máis que nas fotos do 23F. Non é porque non estiveran, que si estiveron, senón porque estaban invisibilizadas, eran invisibles nas cabeceiras das marchas, completamente, como agora o siguen sendo nos consellos de administración das grandes empresas ou no organismo éste que veñen de crear para defender a marca "España", as grandes entre as grandes: Inditex, Telefónica, El Corte Inglés... ningunha muller, nin rastro. ¡Cánto avanzamos e cánto queda por cambiar!...
   Sigo sen saber quen elaborou aquelas listas, quen nos metíu nelas, por qué... pero celebro que Tejero, Milans e Armada, o Marqués de Ribadulla, coas súas camelias, e a trama civil oculta, fracasaran, porque así moitas persoas salvamos o pelexo.
   Mañán acordareime das camelias do Marqués...e do boa que é a democracia...

19 feb 2011

PROHIBIMOS, TOLERAMOS, RESPETAMOS?

   Non sei con exactitude de onde parte a confrontación, o radicalismo, o fundamentalismo entre partes para provocar que unha nena de 11 anos, galega, de Santiago de Compostela, que vive e estuda en Arteixo, musulmá, pase por este "calvario", nunca mellor dito, pois ela é a principal vítima deste conflito. Teriamos que recapacitar, todas e todos, pais e nais, comunidade educativa, autoridades, de tal forma que atopemos, canto antes, a mellor solución para a cativa, garantindo o seu dereito á educación e á escolaridade, desde o diálogo, desde a concordia, fuxindo das posicións extremas que dificultan calquera alternativa xusta.
   Probablemente o Regulamento aprobado polo Consello Escolar do Colexio Novo de Arteixo, cando foi votado democraticamente, non pretendía segregar ás nenas que levaran hiyab, alomenos para a maioría das persoas que emitiron o seu voto. Quizáis non calibraron ven as súas consecuencias. Moito menos si se aprobou en Decembro, co curso iniciado, e coa pretensión de aplicalo con carácter retroactivo. Mesmo, posiblemente, ninguén informou sobre si entraba en contradicción coa lexislación vixente en materia de liberdade relixiosa e demais.
   A actitude da Consellería, pola súa parte, de manterse aparentemente á marxe, reiterarando -por activa e por pasiva-  que respeta a autonomía do Consello Escolar, ofrecéndose para buscarlle outro colexio á rapaza, acocha, ó meu parecer, unha actitude favorable á decisión tomada, é dicir, castigar á nena, sancionala coa perda das actividades extraescolares, suspendela temporalmente e ameazala de expulsión do centro. No fondo, lexitima o prohibicionismo do veo nas aulas en Galicia, manda a mensaxe de que un centro pode aprobar, democraticamente, esta ou calquera outra forma de exclusión, en razón da "convivencia".
  
 Sabe ben a Consellería que un Consello Escolar, na súa autonomía, non pode aprobar o que quera. Ben que o impide nalgúns casos apelando á vulneración de leis superiores ou á dependencia xerárquica.
   Cumprir e facer cumprir as leis é unha obriga institucional, incluída a Lei de Liberdade Relixiosa que non é, precisamente, laicista, no noso caso. E a non discriminación en razón de credo, sexo, raza, lingua... ou o dereito universal á educación.
   Polo tanto, lavarse as mans nun conflito como o que nos ocupa, parece unha cortiña de fume para ocultar unha vocación claramente prohibicionista.
   Que o pai fale sempre, que a nai non opine, que impoña o hiyab á nena, con maior ou menor contundencia, que a cambie de centro, sabendo que no anterior non tiña problema algún por levar o veo, non deixa de ser, tamén, unha actitude radical. Moitas persoas se preguntan por qué os varóns musulmás non van con chilaba á escola, por qué son sempre as mulleres as vítimas do patriarcado e a dominación. Son preguntas pertinentes e sabias
   Non gusto dos hiyabs nas menores, non gusto das imposicións machistas ou relixiosas, ou... como tampouco gusto doutras imposicións que toleramos mellor, porque son as "nosas", por exemplo, os buratos nas orellas das nenas, o bautismo, a comunión, as preparatorias, máis ou menos veadas, destas ceremonias nas escolas públicas.
   Sen embargo, desde o meu punto de vista, o dereito á educación está por riba. É a educación a que pode liberar, liberarnos, de prexuízos, dependencias e imposicións, de todo tipo, dirixir con sentido a nosa propia vida, dicía Giner de los Ríos, e tolerar, non no sentido paternal de permitir, senón de respetar, ser quen de convivir co diferente, co distinto, desde os dereitos humanos, aceptando a diversidade, a pluralidade, como unha riqueza a protexer e a estimular.

   ¿Que pasaría si unha mestra, musulmá, decidira impartir as súas clases con veo en Arteixo ou en calquera outro lugar de Galicia?, tal e como acontece en Melilla, onde, por certo, moitas nenas musulmás levan hiyab e moitas outras non o levan. Alí sería impensable un acordo como o do Colexio Novo de Arteixo. ¿Que faría a consellería nese caso?
   O exemplo de Arteixo pode xeneralizarse. A actitude da Consellería de lavarse as mans, propicialo. ¿Onde escolarizaremos entón ás nenas musulmás que queran levar o veo?. As devolveremos ás casas ? Mellorará a súa situación?
   Penso que compre unha reflexión moito máis pausada. Analizar si resolvemos o conflito positivamente ou si o agrandamos. Xuridicamente xa dirá o TSXG onde parece que xa está o asunto. Pero, mentres tanto?. Educativamente, socialmente, ¿que facemos?. Prohibimos, toleramos, respetamos...?

18 feb 2011

GRAZAS, UN MILLÓN DE GRAZAS

 
   A presentación do libro "La paz como cultura" na Librería Nós de A Coruña, onte, estivo realmente ben. Moi agradable, con Marisa Mariñas de introdutora, amosando as súas magníficas cualidades organizativas e humanas, na preparación e na presentación do acto. Alí estabamos Xoán Antón Pérez Lema e máis eu, nun sofá, para presentar un libro diante dun auditorio de amigas e amigos, algúns que facía moito que non vía, como Carlos Moreira, de Ferrol, antigo camarada de pasado sindical intenso nos tempos en que significaba risco e dureza. Ou Manolo Monge, hoxe presidente da Comisión pola Memoria Histórica de A Coruña, quen tanto esforzo e creatividade desprega na súa persistencia pola verdade e a xustiza para as vítimas da ditadura e do franquismo. E o presidente da Asociación Alexandre Bóveda, Roberto, unha institución na Coruña de compromiso galeguista e de reivindicación da súa figura e legado. E Suso Mosquera, ex- secretario xeral da UGT Galicia, hoxe presidente da Fundación Luís Tilve, coa súa dona, Virocha.
Estaban tamén a maioría dos membros do Grupo Territorial de A Coruña do Seminario Galego de Educación para a Paz (Guada, Begoña, coa súa irmá Elena, e súa nai, nada menos, Sonia, Vitorino...), e persoas que non coñecía, algunhas educadoras como Marlene de Colombia, estudantes, profes, Alfonso, do Colexio de Educadores Sociais... e Yolanda, Susana, Mónica, Patricia, Ana, Teresa, Roberto, Montse, Rosi...
E un montón de fotógrafos e fotógrafas, chispeando cos seus flaxes, que atendín con certa incredulidade e sorpresa.
Houbo palabras sinceras, agradecidas, de Marisa, de Xoán Antón, na presentación, lembranzas e recordos, currículum escrito nun papel, actualidade, veos e lei de convivencia, revoltas pacíficas no Magreb, o medo cambiou de bando... cando aprenderemos que resulta máis efectivo apoiar a democracia e a liberdade que ás dictaduras ou as invasións. Oito anos en Irak, con centos de miles de mortos e desaparecidos para que logo, en 18 días, a sociedade civil exipcia tumbe a un faraón..., e non aprendemos...
Un acto no que recoñecemos o traballo, recoñecémonos mutuamente, dámonos ánimos, confortámonos, que non é pouco. E difundimos un libro, un pensamento, unha mensaxe, unha experiencia de 26 anos xa, para que chegue a canto lugar interese.
Mereceu a pena. Tan só queda dar as grazas, un millón de grazas e máis.

16 feb 2011

A paz como cultura: fontes e recursos dunha pedagoxía para a paz

   HOXE, Xoves, estarei na Librería Nós, de A Coruña, para presentar este libro. Será ás 19:00 horas. Un libro "A paz como cultura: fontes e recursos dunha pedagoxía para paz", publicado en castelán pola Editorial Milenio, que é un pedido reiterado da Fundación Cultura de Paz e do seu Presidente, Federico Mayor Zaragoza que, ademais, regaloume un fermoso Prólogo que nunca saberei compensar como corresponde, unha mostra máis de cariño e da xenerosidade que atesoura.
   É o primeiro de dous tomos. O segundo sairá para o mes de Outubro.
   Neste volume tratei de facer unha aproximación histórica ós referentes documentais máis relevantes que influiron na aprobación, en 1999, da Declaración e o Programa de Acción sobre unha Cultura de Paz da Asamblea Xeral das Nacións Unidas, a proposta da UNESCO e do seu Director Xeral, daquela, o profesor Mayor.


   O libro abrese cun pensamento clave de Mayor Zaragoza, que está presente en toda a obra, "A expresión suprema de cultura é o comportamento cotiá", ahí está o segredo da paz como cultura, a idea de que son os nosos comportamentos, as nosas condutas, as nosas actitudes e valores, os mellores instrumentos para construír as paces, así, en plural, porque fan o concepto paz como moito máis comprensible, máis dinámico, máis plural, fagamos as paces, di a expresión popular. Como tamén resulta mellor falar das violencias, porque existen moitos tipos, tal e como recolle Johan Galtung desde mediados dos anos '60, a violencia directa, a estrutural, e a cultural, así como a simbólica, e as novas miradas sobre as violencias máis específicas: de xénero, escolar, laboral...
   O segundo tomo terá un carácter moito máis pedagóxico, máis didáctico, e tamén moito máis práctico. Será un compendio da miña propia experiencia nestes últimos 26 anos e a do Seminario Galego de Educación para a Paz en canto a obxectivos, contidos, metodoloxías, actividades, xogos e dinámicas de aula.
   Analizo algunhas das declaracións e documentos que a mín máis me influiron á hora de sustentar teoricamente o modelo de educación para a paz que defendemos, desde o propio nacemento do Sistema das Nacións Unidas e as Cartas Fundacionais da ONU e da UNESCO, textos magníficos que recollen as aspiracións e os desexos do mellor da intelectualidade do momento arrepiada polo que viña de acontecer coa IIGM. Resalto, como non podía ser doutro xeito, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. Non deixo de referirme ó Programa Mulleres e Cultura de Paz ou o primeiro Manual sobre Cultura de Paz publicado polo Padre Felipe McGregor no Perú de 1986, e fago referencias a documentos imprescindibles como son a Declaración de Yamoussoucro (1989) ou o Manifesto de Sevilla sobre a violencia (1986), aquel que reitera que a guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas.
   Detéñome no libro "La nueva página" do profesor Mayor, porque alí está, penso, o pensamento e as liñas principais do seu discurso en relación coa Cultura da Paz, por exemplo, cando afirma que "a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz" . Paz, educación, pedagoxía, acción, cultura, velas ahí as grandes preocupacións de Federico Mayor.
   O capítulo II do libro céntrase no estudio e a reflexión sobre a propia Declaración de 1999, sobre unha cultura de paz e o seu programa de acción anexo, nove artigos e un plan detalladísimos de actuacións que convén reler de cando en ven para buscar inspiración.
   O capítulo III analiza os froitos da Declaración, que son moitos e as súas influencias en moi diversos ámbitos: político, lexislativo, académico e social, para destacar que, aínda que non o pareza, porque non se visibiliza mediaticamente, a cultura da paz avanza no mundo. Podemos ver a súa pegada na Carta da Terra, nos Obxectivos do Milenio, na Alianza das Civilizacións, ou na lexislación, na lei catalá de fomento da cultura da paz de 2003, na española de fomento da educación e a cultura da paz ou na lei galega que, previsiblemente, aprobará o Parlamento Galego neste ano.
   No currículum escolar, na nova materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos ou nos Plans de Mellora da Convivencia Escolar e nos Observatorios da Convivencia.
   Na política, nos Estatutos de Autonomía reformados dalgunhas CC.AA. (Andalucía, Aragón, Castela e León, Cataluña).
   En novas Constitucións como a de Bolivia.
   Nas Universidades coa creación de cátedras, institutos de investigacións, teses, maestrías...
   Ou nos movementos sociais, no Foro 2010, no FSM ou no FME.
   Porque, efectivamente, a paz é, cada vez máis, unha cultura...



15 feb 2011

Panos, veos e hiyab

Hoxe, en La Voz de Galicia, aparecen dous artigos, ben distintos, sobre este asunto. Un o asina a escritora galega Inma López Silva e o outro Manuel Fernández Blanco, psicólogo infantil. Comparto plenamente o segundo e discrepo, cariñosamente, do primeiro. Direi por que. Quero empezar por contestar á unha pregunta que Inma López fai no seu artigo, aquela que afirma que algunhas persoas decidimos ser "guais" e non somos quen de mirala ó ollos e dicirlle que non sentimos "arrepío por ver unha nena tapada como se o seu corpo fose fonte de pecado". Claro que o sentimos, como non o imos a sentir. Sentímolo profundamente.
O debate, sen embargo, no caso da nena de Arteixo, non é ese. Falamos de si as prohibicións, de dubidosa legalidade no caso do hiyab, son as mellores maneiras de superar a dominación masculina e o patriarcado. Ela mesma o di no seu artigo cando fala da súa avoa María e da de Rosario. A elas ninguén lles prohibiu levar o pano, e nun momento determinado, por educación, por evolución, por convencemento, deixaron de poñelo e soltaron o cabelo ó ar, libre, e optaron polos pantalóns, cando quixeron, cando lles petou.

A educación é unha poderosísima ferramenta de transformación persoal e social, ademais dun dereito universal, e non pode circunscribirse ós muros da escola, hoxe menos que nunca. Son os cambios sociais, moi rápidos na actualidade, os que modelan os nosos comportamentos, valores e actitudes. Educar na igualdade ó pai da nena de Arteixo é imprescindible, traballar estes aspectos desde os (e cos) colexios e os servizos sociais do Concello, urxente. Garantir o dereito á escolaridade da cativa ineludible.
E formar ó profesorado, á comunidade educativa, á sociedade, na convivencia democrática e na tolerancia, na aceptación da diversidade, sempre que non vulnere os dereitos humanos, supón un desafío para a escola do século XXI. Delors o dicía moi clariño, aprender a convivir e aprender a vivir xuntos, co diferente, co distinto, desde o exemplo, desde a concordia, para que a nena de Arteixo, como María e a avoa de Rosario, poda decidir, canto antes, si lle peta, desvearse, sacar o veo que nubra os ollos e as conciencias.

13 feb 2011

A Mandela de Birmania

Veño de ver (e de ler) unha magnífica entrevista na Vanguardia coa Premio Nobel da Paz (1991) birmana, Aung San Suu Kyi, liberada do seu arresto domiciliario no pasado mes de Novembro. Ten moito que ver coa personalidade doutro referente vivo da Cultura da Paz, Nelson Mandela. Cando falamos disto sempre destacamos catro grandes bases teóricas: o movemento da nonviolencia, a pedagoxía máis anovadora, as máis importantes declaracións internacionais e a investigación para a paz. Sen embargo, esquecemos as aportacións, tan visibles, de grandes personalidades, premios nobel ou non, seres humanos fantásticos, capaces de esquecer o sufrimento pasado, a dureza terrible das súas vidas, para construír, para tender pontes, para liberar e liberarnos "do medo e da miseria".
Ambos, Mandela e Suu Kyi, teñen vidas paralelas. Ambos persiguen os mesmos obxectivos, desde a palabra, desde o pensamento, desde o exemplo. Madiva xa tivo a oportunidade de poñelo en práctica no seu país. A Nobel birmana segue esperando a súa. Pero apunta na mesma dirección.
Na entrevista amosa unha humildade e unha forza extraordinarias, detrás dun corpo que parece feble, menudo. As súas ideas, compartidas, non deixan lugar a dúbidas: "Non quero que os birmanos dependan de min, quero que dependan deles mesmos"
A Liga Nacional para a Democracia é o seu partido. O seu liderado está baseado nun prestixio recoñecido, case que santificado, pola súa persistencia na defensa da democracia e os dereitos humanos. O ditador birmano Than Shwe (veremos canto tempo resiste) non tolera nin siquera escoitar o nome de Aung San Suu Kyi, por iso, en Myanmar (Birmania) xa a coñecen como a Dama (the Lady), unha personaxe de película que quere rodar Luc Besson.
O budismo a sustenta, ela mesma o recoñece, o aplica ó seu pensamento político: "As nosas palabras deben provocar armonía entre os seres, ser amables e beneficiosas".
Critica a cultura do medo porque nos paraliza e di "canto máis medo tes, menos vale a túa vida".
Existen moitos intereses detrás da cultura do medo, os medios, as pantallas, asustan, fannos interiorizar medo e inseguridade. Amedrentados deixamos de ser libres, renunciamos a ser protagonistas, somos meros espectadores de historias que outros deseñan por nós, facémonos silenciosos, silenciados, cómplices.
Democracia, nonviolencia, inversión en servizos sociais (educación e sanidade), di que non traballa para ser presidenta ou primeira ministra senón para axudar a construír a democracia, a unidade e a paz. Non sinte que sacrificara a súa vida persoal, nin siquera que sufrira máis que miles de presos políticos que seguen nas cadeas birmanas. Non ten nada do que queixarse. Síntese unha muller máis, comprometida coa democracia, como tantas outras. Predica a reconciliación nacional como o medio para acadar o progreso, a estabilidade e a paz.

É un deses premios nobel que nos reconfortan. Confiemos en que teña pronto a súa oportunidade, a Mandela birmana. Sorte, a necesitará, e apoios internacionais...

10 feb 2011

Veos que desvear...


Si alguén, con boa ou mala intención, quixera seleccionar ó alumnado dun centro, é dicir, impedir que, por exemplo, alumnas musulmás accedan a un determinado colexio, a mellor fórmula, sen dúbida, sería, desde logo, a implantada, democraticamente, no Colexio Novo de Arteixo, un centro, de nova creación que, poñendo a venda diante da ferida, en previsión, por si acaso, promove un Regulamento, inédito nun Concello cunha comunidade musulmá significativa, que equipara calquera complemento que cubra a cabeza: panos, gorras, pasamontañas, veos..., con carácter xeral, e prohibe o seu uso dentro das clases. Impecable desde o punto de vista democrático. O Claustro e o Consello Escolar o aproban, con independencia ou non de que entre en contradición coa lei de liberdade relixiosa, cos dereitos humanos, cos dereitos dos nenos e das nenas, a Constitución e o Estatuto de Autonomía. O centro é soberano. O centro non é racista. O centro non discrimina. Aplica a norma a todos e todas por igual. E a Consellería aplaude, asume e acata, se inhibe daquela maneira porque se ofrece para cambiar á nena de colexio, iso si, si os pais o solicitan.
Mentres tanto, a nena acumula faltas leves, non participa nas actividades extra-escolares -por sanción- e pode ser expulsada temporalmente por falta grave vulnerando o seu dereito supremo á educación e á escolaridade.
Todo moi legal, moi educativo e moi democrático. Faltaría máis.
¿Que pasaría si unha mestra, como a nena, galega, de relixión musulmá, decidira impartir as súas clases con pano?
Desde unha perspectiva laicista, todos os símbolos relixiosos, e digo todos, deberían desaparecer da vida pública, empezando pola propia relixión nos colexios e institutos, e canalizarse a través das Mezquitas, Sinagogas, Igrexas... e financiadas por elas mesmas. Esta é a tradición republicana francesa, mais non é a española. No noso caso, a aconfesionalidade do Estado está fortemente mediatizada, escorada cara a Igrexa Católica con múltiples privilexios que non ven agora ó caso recordar en relación coas outras confesións ou coa libre decisión de non ter ningunha.
Desde o punto de vista da discriminación, das imposicións paternas ou familiares, sociais, culturais, etc. tamén teriamos moito que rascar e nunha boa Educación para a Igualdade, aquela que ensina a pensar (non o que pensar), a decidir libremente, como dicía D. Francisco Giner de los Ríos, a dirixir con sentido a propia vida, educando, a nena galega de 11 anos, musulmá con todo dereito, tería capacidade para cuestionar ou non o seu veo, vearse ou desvearse a vontade.
Fan ben os pais en buscar asesoramento legal, fan mellor en asegurar a escolarización da súa filla e garantir o seu dereito á educación no centro que escolleron, en reclamar unha revisión do Regulamento de Réxime Interior, en denunciar que non pode contradicir unha lei superior, e en protexer á nena, unha cativa que parece contar coa comprensión dos seus compañeiros e compañeiras, máis tolerantes, con máis sentido común, que a norma aprobada, pero que parece non ter a protección institucional que merece, como calquera ser humano, moito máis por menor. E a Consellería debera ser moito máis sensible.
Si esta é a fórmula para alonxar dos centros ás familias musulmás, o exemplo, lamentablemente, podería xeneralizarse, aínda que debemos ter confianza de que non todas as comunidades educativas son como a do Colexio Novo de Arteixo.
¿Poderá a Consellería deixar que estes asuntos dependan das características de cada Consello Escolar?. ¿O prohibicionismo, de facto, do veo, é a solución máis educativa, máis tolerante, máis integradora, máis intercultural?. Outro asunto sería, como comentamos noutros artigos, que impedira o normal desenvolvemento das clases ou a identificación e o coñecemento da alumna. Pero non parece o caso.

9 feb 2011

Algo máis sobre veos e gorras: o caso de Arteixo...

O asunto dos veos nas escolas é, sen lugar a dúbidas, un tema complexo. Préstase para facer moitas lecturas, nalgúns casos, contraditorias, tamén para a demagoxia. Coloca ós centros educativos no centro da polémica ó ter que ser eles, en cada caso, os que ditaminen e decidan, pois son os Consellos Escolares, órganos de xestión e participación, os que resolven. A Consellería, pola súa parte, con competencias plenas en educación, inhíbese. Mesmo no Anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa, amplamente rexeitado no Consello Escolar de Galicia, a Consellería de Educación declina toda responsabilidade, sobre estes asuntos conflitivos, nos colexios e institutos.
 No caso da nena de 11 anos do colexio novo de Arteixo que asiste ás clases con veo, a actitude do propio Conselleiro, Jesús Vázquez, foi paradigmática, pasarlle a pelota ó Consello Escolar do centro, é un asunto interno, afirmou.
 En Arteixo, cunha comunidade musulmá significativa, existen varios centros escolares. O único que ten regulamentada a prohibición de cubrirse a cabeza nas aulas é o citado. Os demais non contemplan tal actuación en relación co veo.
 Non deixa de ser sorprendente que, nun mesmo municipio, os criterios en relación co veo islámico, varíen notablemente. De tal maneira que a decisión que baralla a Administración Educativa (neste caso non se inhibe) é trasladala de colexio. Esta decisión, cualificada de “salomónica” polos medios de comunicación, pode traer moitos máis problemas que o que pretende resolver. Efectivamente, a mellor maneira de derivar á poboación escolar musulmá cara outros centros é ter aprobado un Regulamento excluínte. Probablemente, sen tardanza, os outros colexios sigan o exemplo do Novo e aproben regulamentos similares.
 Non estamos facendo unha reflexión sobre a laicidade, nin sequera sobre os dereitos das persoas, sobre a non confesionalidade do Estado ou sobre a discriminación da muller. Poderiamos facelo. Sen embargo, nesta ocasión, trátase de salvagardar o dereito supremo á educación e á escolaridade dunha nena de 11 anos, no centro que escolleu a súa familia. Tempo haberá para que, si traballamos realmente o que dicimos defender, a educación para a igualdade, a nena, cando queira e poda, decida.
 Mentres tanto, alguén debería dicirlle ó Consello Escolar do Colexio Novo de Arteixo que os Regulamentos de Réxime Interno non poden estar por riba de leis superiores, como a da liberdade relixiosa, a Constitución ou o Estatuto, nin servir para a exclusión, nin sequera para a selección indirecta do alumnado.
 E a Consellería debería estar para algo máis que para trasladar á nena de centro.
 

8 feb 2011

Veos, gorras, uniformes, regulamentos... o caso de Arteixo

   Empezo por confesar que non coñezo os detalles, tan só o que aparece na prensa, que non sempre reflicte a verdade. Polo mesmo, estas reflexións, poden poñerse en suspenso, a falla de maior e mellor información. O caso preséntase da seguinte maneira. Parece que o colexio ten aprobado un Regulamento que prohibe usar, nas aulas, gorras, veos e demáis complementos que cubran a cabeza. Parece tamén que, de repente, agora, da noite para a mañán, unha nena de 11 anos, "decide" poñelo veo que cobre o seu cabelo. O colexio aplica o Regulamento e sanciona á rapaza cunha falta que pode implicar a perda de escolaridade por uns días e a expulsión. Ata aquí os feitos, repito, os que transmiten os medios.
   Non sei, polo tanto, si o rigor na aplicación das sancións é igual, por unha gorra, unha panoleta ou o veo. Tampouco sei as medidas previas promovidas polo centro coa nena e cos seus pais. Moito menos coñezo si é unha imposición do pai ou unha decisión da nena, máis ou menos influída pola súa familia.
   Sen embargo, o que chama a atención son as medidas sancionadoras, porque afectan directamente contra un dereito fundamental como é o da educación. Non é precisamente a mellor sanción, a máis educativa, separar á nena do seu grupo, excluila temporalmente, expulsala.
   Tampouco parece razoable que un Regulamento de Réxime Interno poda entrar en contradicción coas leis e coa Constitución. Existen sentenzas nesa liña e experiencias práticas de que sempre resulta máis eficaz, convencer que impoñer.
   ¿Alguén pode imaxinar que en Melilla ou en Ceuta os regulamentos de réxime interno dos centros escolares prohibiran o uso do veo? Pois dependen do MEC. ¿Existe algún problema en Melilla ou en Ceuta polo uso libre do veo?  Impide o normal desenvolvemento das clases?. Porque si fose así, desde logo que habería que defender, por riba de todo, o dereito á educación, como dereito básico e fundamental garantido pola Constitución e os Estatutos.
   Pois non. En Ceuta e Melilla, como en moitos outros lugares, o veo, non impide o normal desenvolvemento das clases. E si nalgún caso o impedira, por exemplo, en Educación Física, habería que pedirlle que o sacara e que levara a vestimenta axeitada e común.
   Todo parece indicar que queremos ser máis papistas que o propio papa. Que nos molestan os signos distintivos doutras culturas e relixións, que añoramos a uniformidade, sen percatarnos de que os tempos están cambiando e de que a tolerancia é a virtude que fai posible a paz e a convivencia democrática, recoñecendo que a pluralidade, a diversidade, son riquezas, non lastres ou impedimentos.
   Os regulamentos están ó servizo da educación e das persoas, non ó revés. Tamén están para cumprirse, mentres non se cambien. Quizáis alguén debera informar sobre o que poden e non poden aprobar os Consellos Escolares en materia regulamentaria. E modificarse, si fose preciso.
   Si se trata dunha imposición paterna, ahí é onde temos que traballar, ademais de coa nena, non precisamente, negando a escolaridade, porque somos educadores e educadoras, e falamos dunha menor.
   Dialogar, escoitar, recoñecer, respetar, compartir, son virtudes para aprender a convivir, especialmente, co diferente, co distinto, pero qué difícil resulta, que pereza da... o máis fácil, ordeo e mando, prohibición, sanción, intolerancia... todos iguais, calificados e clasificados, ordeados, disciplina castrense ou confesional, cánto sabemos diso...
   Compre lembrar que sempre collemos máis abellas con mel que con  fel...

7 feb 2011

A unión fai a forza: unha actitude cooperativa


Este anuncio hindú o utilizo moito para explicarlle ó alumnado (e ós adultos) o que é unha actitude cooperativa.
Obsérvense as actitudes que adoitan os distintos sectores sociais, as autoridades, etc. para superar o obstáculo.
O anuncio, ademais, tecnicamente, é magnífico.

A paz como cultura: outra educación é posible

   O vindeiro xoves, día 10, estarei na cidade das Burgas, en Ourense, invitado polo Foro La Región. Será ás 20:15 no Centro Cultural Deputación, na Rúa do Progreso, para falar e compartir coas persoas interesadas opinións e reflexións sobre o título  "A paz como cultura: outra educación é posible".
   Empezarei por repasar o concepto de paz positiva e os estudios de Johan Galtung que, desde mediados dos anos '60, ven insistindo en que a paz non pode entenderse, como acontece tan habitualmente, como ausencia de guerra, senón que se trata dun fenómeno, moito máis amplo e complexo, que está en relación directa coas violencias.
   Comentarei que, aínda que sorprenda, a paz non é un dereito humano, non forma parte da Declaración do '48, a pesares de que personalidades tan relevantes como Eleanor Roosevelt, trataron, ata o final, porque fose incorporado, sen éxito, lamentablemente.
   Insistirei en que a paz ten moito que ver con nós mesmos, porque a paz é unha cultura, unha forma de vida, unha conduta, un comportamento, que vai do intrapersoal (facer as paces cun mesmo) ó internacional (os conflitos armados) e non esquecerei que a paz non existe sobre relacións de desigualdade, de dominio, de sometemento (violencia estructural).



   Falarei, como non, dos tipos de violencia e dos cambios máis relevantes producidos na percepción social da violencia, e da relación entre a paz, o conflito, o desenvolvemento e os dereitos humanos.
     Conflitos, dinámica dos mesmos, formas de resolución ou de transformación pacífica, e mirarei para os grandes referentes teóricos, a nonviolencia, a pedagoxía máis anovadora, as institucións supranacionais, a investigación para a paz ou os movementos sociais.
   Tamén analizarei os cambios producidos, alomenos nos últimos 25 anos, en relación cos contidos da educación para a paz, e responderei ó cómo, de qué maneira educamos para unha cultura de paz, as metodoloxías e os recursos, así como os novos ámbitos de intervención.
   Porque outra educación é posible, reinventando a escola, humanizando as áreas, procurando unha educación global, crítica, emancipadora, non sexista, solidaria, cooperativa, que evite a exclusión, sobre a base dos afectos e dos sentimentos, os mellores antídotos contra das violencias.
   Pois esta é, en síntese a miña intervención.
   E escoitarei, compartirei co público opinións, preguntas e críticas.
   Porque, efectivamente, a paz ten que ser unha cultura. E a educación o mellor instrumento para construíla, cada día e todos os días, na familia, na escola, nos medios, na sociedade... vémonos, si queredes.

6 feb 2011

Hoxe empeza o FSM en Dakar

   Hoxe, domingo, día 6 de Febreiro, ás 13:00 horas, empeza coa tradicional manifestación, o Foro Social Mundial (FSM) en Dakar (Senegal), o movemento altermundialista que quere ser unha alternativa a Davos, un club elitista, expresión do Gran Dominio, de especuladores, mercaderes, altos executivos e marionetas que van ó frío suizo a invernar, escoitar e tomar notas para logo aplicar, sen rechistar, a todos e cada un de nós, porque alí é onde planifican os saqueos, ás nosas nóminas, ó estado de medioestar, ó planeta, ós países empobrecidos, ás materias primas, á soberanía dos Estados... para seguir gañando a mans cheas, é dicir, roubando e transferindo recursos dos máis a unha minoría que segue amasando fortunas, diante dos nosos ollos, ríndose a mandíbula batente.
   En Dakar están todas e todos os que soñan con outro mundo posible, máis xusto, máis humano, máis sostible, un movemento que empezou en Seattle, continuou en Porto Alegre (2001) e que ven aglutinando, desde aquela, a homes e mulleres anónimas, movementos sociais, organizacións, personalidades, que queren cambiar as cousas, en beneficio da sociedade civil global, en beneficio da humanidade, das maiorías sociais.



   Haberá unha boa representación do Estado Español en Dakar. Tamén de Galicia. O Foro Social Galego que fumos quén de impulsar, estará representado. Tamén organizacións que están comprometidas co FSM e co Foro Mundial de Educación (FME) desde o principio, como o Seminario Galego de Educación para a Paz ou a Fundación Cultura de Paz. Mais tamén Altermundo, e Galiza Sempre, ou o SLG.
   Debería estar alí. Agora o añoro. Mais o Foro 2010 que promovimos e coordinamos en Decembro en Compostela, foi demasiado esforzo. Estará representándonos Sonia Arístegui, do Grupo Territorial de A Coruña. E o fará moi ben, en colaboración con Manoel Santos, e con Manuel Manonelles e Federico Mayor Zaragoza que con Danielle Miterrand, Susan Sontag e Bernard Cassen protagonizarán unha das mesas máis interesantes sobre gobernanza global.
   Boa sorte e bo traballo...

   
  

4 feb 2011

Liberdade nas aulas




        ¡Liberdade nas aulas!, parece unha consigna estudantil, un berro na ditadura, algo así como ¡pensamento libre!, ¡viva a heterodoxia!, ¡liberdade de cátedra!, ¡abaixo o autoritarismo!, ¡non á imposición!, ¡rompamos as cadeas!, ¡non máis ataduras!, ¡abramos as fiestras escolares!, que entre o aire fresco, limpemos os colexios de inquisidores, que pase o home libre...
        Nada diso. Trátase dunha nova promesa do noso Presidente, o de todas e todos, e refírese a Galicia, aquí e agora, non pensa noutras épocas, non, está a falar en tempo presente, está pasando, o estás vendo, como diría a CNN, todo noticias.
        Oes ben, o di o Presidente, nas escolas galegas non hai liberdade, pero ¿quen dis que o di?, Alberto Núñez Feijoo, na presentación do candidato do PP á alcaldía de Compostela, liberar as nosas aulas da opresión e das cadeas, vaites, vaites, vaia trola.
        Non hai liberdade. Os colexios e os institutos non son libres. Os cativos, as cativas, viven e estudan coaccionados, están como nunha cadea, escravizados, oprimidos, sometidos, tiranizados, presos... ¿por quen? ¿desde cando?. E nos sen decatarnos. Cagoendez.



        Pero, a que ser refire? Acaso a que non exista a debida educación sexual nas escolas, a que a relixión católica sexa de obrigada oferta en todos os centros educativos, a que non eduque criticamente, a que reproduza o modelo social vixente, inxusto, depredador, insolidario, sexista... a que o poder dentro da escola estea todo el do mesmo lado, a que non teñamos equipos de mediación e tratamento de conflitos, acaso a que non existan recursos suficientes, a que o profesorado esteña sometido á tiranía dos recortes salariais, á imposición dunha lei educativa cada dous anos e medio sen preguntar..., non, eu penso que se refire quizais a que a libertinaxe inflama os cerebros infantís... por Deus, a que demos se refire?
        Quizais a que a representación da comunidade educativa non responde ás súas previsións? Ou a que o Consello Escolar de Galicia é un niño cheo de opositores, galeguistas e roxos?
        Que curioso, que contradictorio, por unha banda reclama liberdade, pola outra, ordeno e fago saber, aulas libres, alumnado firme, profesorado con mando en praza, uniformes, uniformización, todos pijos, como nas monxas de antes, ¡que tempos!, esa si que era santa liberdade, pange lingua, santo adalid, patrón de las Españas, amigo del Señor, defiende a tus discípulos queridos, protege a tu nación. Las armas victoriosas del cristianismo venimos a templar en el sagrado y encendido fuego de tu devoto altar ... santa liberdade...
        Non, non pode ser. Non dou creto. Non estará pensando no idioma propio de Galicia? En Galicia Bilingüe?. En Gloria Lago? Acordaranlle cousas da campaña electoral pasada?. Que teima co ensino. Outra vez co mesmo nas municipais. Vaia matraca. Salvemos o castelán da tiranía, da prohibición, do unilingüismo, da inmersión. Adeus ás boinas, vivan os birretes. Onde está Cuiña?.
        Está visto, non temos un idioma, temos un problema, Manolo Rivas dixit. Vivir para ver. Que Deus nos colla confesados e comulgados...veñen tempos de “liberdade para as aulas galegas”...¡Qué medo!.

3 feb 2011

Fracaso ¿escolar?


        Desde hace unos años, periódicamente, los medios se hacen eco en grandes titulares de estadísticas, cifras, porcentajes sobre los chicos y chicas que no consiguen alcanzar el nivel de rendimiento medio para su edad en la escuela o en el instituto. Estamos refiriéndonos, por lo tanto, a resultados académicos, a calificaciones, o lo que es lo mismo, a suspensos, en terminología más popular. También hablamos de jóvenes que abandonan la enseñanza obligatoria sin la titulación idónea para su edad, es decir, aquellos que no obtienen el título académico mínimo en el final de la Educación Secundaria Obligatoria (ESO), nada menos que después de cursar diez cursos escolares, y a quienes calificamos, sin rubor, como personas “fracasadas”.
        Sí miramos las cifras, efectivamente, un 29% del alumnado no supera la Primaria, un 35% la Secundaria Obligatoria, el 48% el Bachillerato y el 50% la Universidad. Lo primero que llama la atención es que a medida que ascendemos en el sistema educativo los niveles de “fracaso” aumentan considerablemente aunque tendemos a centrarnos, sólo, en la enseñanza obligatoria. En cualquier caso, los datos, todos ellos, sin duda alguna, son preocupantes, superan notablemente el promedio de UE. Por lo tanto, tenemos un problema, y cuando digo tenemos no me estoy refiriendo sólo al profesorado sino a toda la comunidad educativa y a la sociedad.
        Como puede verse, no soy partidario del concepto “fracaso escolar” pues, aparte de las connotaciones negativas que tiene, dado que identifica alumnos y alumnas sin titulación con personas hundidas, malogradas..., se circunscribe -además- únicamente al ámbito interno de la escuela. De alguna manera se está indicando que la responsabilidad principal de esta realidad negativa está dentro de los muros escolares, es decir, en el profesorado y en el alumnado, maestros que no dan la talla y jóvenes que pasan. Pienso que esta es la lectura más común entre la opinión pública no especializada. Y tendemos, además, a identificar reiteradamente los datos negativos con la escuela pública. Nada más injusto. Parece como que cualquier ocasión es buena para arremeter contra la escuela de todos y de todas.
        Sí preguntamos a los profesores y profesoras, a los equipos directivos, probablemente insistan en que el problema tiene más que ver con las familias, con la superprotección y el consentimiento, con la falta de dedicación, con la cultura del mínimo esfuerzo, con las desestructuraciones y las carencias. Sin embargo, como en casi todos los temas, las causas del fracaso, le llamaremos mejor social, no son simples ni unidireccionales. Unas, efectivamente, tienen que ver con el alumnado y con el profesorado, están dentro, lógicamente, otras fuera (familias), en el sistema educativo (administraciones) y también, como no, tiene que ver con factores socioeconómicos, históricos y culturales.
        Entre las primeras podemos citar que existen trastornos en el aprendizaje y también emocionales, aquí y en todas partes, dislexia, hiperactividad, déficits de atención, retrasos, depresión, baja autoestima, ansiedad... que no podemos obviar. Otras causas tienen que ver con la irregularidad en la escolarización, con los constantes traslados de centro, con el absentismo. Y también con la sobrecarga de contenidos, con unos currículos inadecuados, con la masificación en algunos casos, con las carencias formativas del profesorado, la ausencia o escasez de prácticas de los futuros profesores y profesoras, la falta de atención individualizada y a la diversidad, metodologías anacrónicas...
        Existen, como no, causas de carácter extraescolar: una muy limitada implicación familiar y mínima participación en la gestión y en el seguimiento, la atracción del salario fácil que promovió la burbuja inmobiliaria entre el alumnado, hoy en paro, la presencia de muchos chicos y chicas inmigrantes con niveles académicos más bajos, con grandes dificultades de comprensión lingüística y lectora... Y por último, no debemos olvidar que arrastramos presupuestos educativos mucho más bajos que nuestros vecinos de la UE, sin llegar al 4% del PIB, cuando el promedio europeo supera el 6% desde hace muchos años.
        Conviene destacar un dato relevante como es que el fracaso es mayor en los varones que en las chicas. Son ellas las que consiguen los mejores resultados. Son ellos los que abandonan antes el sistema educativo, un dato que establece una relación directa entre el fracaso y el género muy preocupante, que apunta en la idea de que, para ellos, la educación no es el mejor ni el más rápido medio de progreso social.
        Mas a la hora de buscar soluciones a este problema social,  tendríamos que diferenciar las políticas educativas internas al propio sistema escolar, que tienen que ver con incrementar los recursos, con la mejora de las metodologías didácticas, con la formación del profesorado, la inicial y la permanente, con una mejor atención a la diversidad, con el clima escolar, con las ratios, con los refuerzos, etc. y que dependen, mucho, de los presupuestos, como cualquiera puede imaginar, mas también con la dignificación de la profesión docente, con la ilusión, con el compromiso y la exigencia, con la evaluación. Por cierto, el saqueo a las nóminas en la extra de Navidad, desde luego, no ayuda (más de 600€) ademáis del recorte salarial mensual como a todo el funcionariado...
        Y aquellas otras medidas de carácter más social en la búsqueda de una mayor implicación de padres y madres en la educación y en la gestión, de los servicios sociales de los ayuntamientos, etc. también están relacionadas con la inversión en educación. Esa es la clave. Todo lo demás es hablar por hablar...


2 feb 2011

Fracaso ¿escolar?

 ¿De que falamos cando estamos a referirnos ó elevado nivel de “fracaso escolar” en Galicia e no Estado?. ¿A quen estamos apelando?  ¿De quen é a responsabilidade? ¿Estamos dispostos a tomar medidas serias e de alcance ou é falar por falar?
 Desde hai uns anos, periodicamente, os medios fanse eco en grandes titulares de estatísticas, cifras, porcentaxes sobre os rapaces e rapazas que non son quen de acadar o nivel de rendemento medio para a súa idade na escola ou no instituto. Estamos a referirnos, polo tanto, a resultados académicos, ás calificacións, ou o que é o mesmo, a suspensos, en terminoloxía máis popular.
 Tamén falamos de mozos e mozas que abandonan o ensino obrigatorio sen a titulación axeitada para a súa idade, é dicir, aqueles que non acadan o título académico mínimo no remate da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), nada menos que despois de cursar dez cursos escolares.
 Si miramos as cifras con rigor, efectivamente, un 29% do alumnado non supera a Primaria, un 35% a Secundaria Obrigatoria, o 48% o Bacharelato e o 50% a Universidade. O primeiro que chama a atención é que a medida que ascendemos no sistema educativo os niveis de “fracaso” aumentan considerablemente aínda que tendemos a centrarnos, só, no ensino obrigatorio.






 

En calquera caso, os datos, todos eles, sen dúbida algunha, son alarmantes, superan notablemente a media de UE. Polo tanto, temos un problema grave, e cando digo temos non me estou a referir só ó profesorado senón a toda a comunidade educativa e á sociedade.
 Non son eu partidario do termo “fracaso escolar” pois este concepto, aparte das connotacións negativas que ten dado que identifica alumnos e alumnas sen titulación con persoas fracasadas, se circunscribe unicamente ó ámbito interno da escola. Dalgunha maneira está a indicar que a responsabilidade principal desta realidade negativa está dentro, é dicir, no profesorado e no alumnado. Penso que esta é a lectura máis común dos datos citados. E tendemos, ademais, a identificar os datos negativos coa escola pública. Nada máis inxusto. Calquera ocasión é boa para arremeter contra a escola de todos e de todas e contra do seu profesorado.
 Si preguntamos ós profesores e profesoras, ós equipos directivos, probablemente insistan en que o problema ten máis que ver coas familias, coa superprotección, coa falla de dedicación, coa cultura do mínimo esforzo, etc.
 Sen embargo, como en case que todos os temas, as causas do fracaso, chamémoslle mellor social, non son simples nin unidireccionais.  Unhas, efectivamente, teñen que ver co alumnado e co profesorado, loxicamente, outras co propio sistema educativo e tamén con factores socioeconómicos.
 Existen trastornos na aprendizaxe e tamén emocionais, aquí e en todas partes, dislexia, hiperactividade, déficits de atención, atrasos, depresión, baixa autoestima, ansiedade... que non podemos obviar.
 Temos que mencionar outras causas como son a irregularidade na escolarización, os constantes traslados de centro, o absentismo. Ou a sobrecarga de contidos, uns currículos inadecuados, a masificación nalgúns casos, as carencias formativas do profesorado, os modelos docentes, a ausencia ou escaseza de practicas dos futuros profesores e profesoras, a falla de atención individualizada e á diversidade, metodoloxías anacrónicas...
 Existen, como non, causas de carácter extra escolar: unha moi limitada implicación familiar e mínima participación na xestión e no seguimento, a atracción do salario fácil que promoveu a burbulla inmobiliaria entre o alumnado, hoxe en paro, a presencia de moitos rapaces e rapazas inmigrantes con niveis académicos máis baixos, con grandes dificultades de comprensión lingüística...
 E por último, non deberíamos esquecer que arrastramos presupostos educativos moito máis baixos que os nosos veciños da UE, sen chegar ó 4% do PIB, cando a media europea supera o 6% desde hai moitos anos.
 Compre destacar un dato significativo como é que o fracaso é maior nos varóns que nas rapazas. Son elas as que acadan os mellores resultados. Son eles os que abandonan antes o sistema educativo, un dato que establece unha relación directa entre o fracaso e o xénero moi preocupante, que apunta na idea de que, para eles, a educación non é o mellor nin o máis rápido medio de progreso social.





 Mais á hora de atopar solucións a este grave problema, social,  teriamos que diferenciar as medidas internas ó propio sistema educativo, que teñen que ver con incrementar os recursos, con políticas de mellora das metodoloxías didácticas, coa formación do profesorado, a inicial e a permanente, cunha mellor atención á diversidade, co clima escolar, as ratios, os reforzos, etc. que dependen, moito, dos orzamentos, como calquera pode imaxinar. E aquelas outras de carácter máis social na procura dunha maior implicación de pais e nais na educación e na xestión, dos servizos sociais dos concellos, etc. e que tamén están relacionadas coa inversión en educación. Esa é a clave. Todo o demais é falar por falar...