Benvidas, benvidos, amigas e amigos

A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...

22 feb. 2011

23F: ONDE ESTABAS TI ?

   Pouco despois do 23F, unha revista de información xeral publicaba unhas listas de persoas ás que que había que facer desaparecer inmediatamente, no caso de que o golpe de estado trunfase. Eu estaba nesas listas. Foi algo que me afectou profundamente, a min e á miña familia.
   Sen embargo, o 23F pronto percibimos que o golpe non sairía adiante. Tomamos algunha precaución no sindicato, ocultamos as fichas, algunha persoa non durmíu na súa casa, houbo quen mesmo decidíu pasar a Portugal, por si acaso... tiña 28 anos.


   Xa tiñamos á nosa nena, Iria, cun ano, bueno, cinco meses. E viviamos en Mestre Mateo, na entrepranta, mirando para a carretera de Noia e o Campus Sur. Facía moi pouco que compraramos a nosa primeira tele, unha Kolster. Fixen moitas chamadas. Algunhas visitas ó local do sindicato. Reunións de urxencia...
   Aínda que algo preocupados acostámonos tarde, cando xa falara Juan Carlos, e todo parecía controlado. Pola mañán, alivio. O País dicía en portada: "El intento de golpe de Estado, en vías de fracaso" cunha editorial titulada "Con la Constitución".
   Logo veu a resaca, o freazo autonómico, os recortes, e un ano despois, Felipe González arrasa.
   O que máis me chama a atención cando miro a famosa foto da Manifestación multitudinaria en Madrid, e as múltiples manifestacións que se celebraron pola liberdade e a democracia en todo o Estado, en Galicia tamén, é a completa ausencia de mulleres. ¡Cánto cambiamos!... 
   E logo sorprendémonos de que nas revoltas árabes non vexamos mulleres. Vense moitas máis que nas fotos do 23F. Non é porque non estiveran, que si estiveron, senón porque estaban invisibilizadas, eran invisibles nas cabeceiras das marchas, completamente, como agora o siguen sendo nos consellos de administración das grandes empresas ou no organismo éste que veñen de crear para defender a marca "España", as grandes entre as grandes: Inditex, Telefónica, El Corte Inglés... ningunha muller, nin rastro. ¡Cánto avanzamos e cánto queda por cambiar!...
   Sigo sen saber quen elaborou aquelas listas, quen nos metíu nelas, por qué... pero celebro que Tejero, Milans e Armada, o Marqués de Ribadulla, coas súas camelias, e a trama civil oculta, fracasaran, porque así moitas persoas salvamos o pelexo.
   Mañán acordareime das camelias do Marqués...e do boa que é a democracia...

2 comentarios:

  1. Nos papeis de papá ainda conservamos aquela lista, xa amarela polo paso do tempo, pero nunca esquecida. Non pasou un solo aniversario daquela data sen que nos recordara o que podía ter acontecido, e por fortuna, nunca aconteceu.

    Un abrazo,

    Teu primo Bernardo

    ResponderEliminar
  2. Grazas Bernardo. Tes que mandarme unha copia da lista porque eu a perdín, non sei como nin cando, quizáis para esquecerme dela...

    ResponderEliminar