Pois si. Xa é oficial. O 14 de Xaneiro de 2013, o día no que cumpro 60 anos, xubilareime da docencia regrada no IES de Cacheiras, en Teo, logo de, exactamente, 36 anos, 3 meses e 23 días. Dito así, parece unha condena. Nada máis lonxe da realidade. Quen me coñece o sabe ben. Amo a docencia, ameina desde o principio, e conservo a mesma ilusión que cando comecei, alá por 1976, nun mes de Setembro, con 23 anos, un “pipiolo” que quería comerse o mundo, no Colexio de Entrepontes, en Portomouro. A que montamos!. Moito máis que unha inundación das que tiñamos cada ano. Colexio precioso, magnífico deseño, clases exagonais, mais construído no leito dun río, en clave andaluza, con terrazas por todas partes, unha mágoa.
Eran tempos de transición, xa morrera Franco, pero perduraban costumes e hábitos franquistas. Unha directora que pensaba que o colexio era da súa propiedade. Un inspector dos que abrían o maleteiro do coche para que os pais meteran, sen dar sentenza, bóas viandas. E o cambiamos. Vaia si o cambiamos. Lembro unha folga na que convocamos ás familias a unha Asemblea. A entrada e o patio do centro parecían tomadas por tractores. Un pai, moi molesto, á saída, berroume: A ti había que arrancarche o bigote a pedradas... quizais fose porque a maioría apoiou a decisión do profesorado. Tempos de transición.
Certo que tiven cinco interrupcións na miña vida profesional. Unha, moi breve, nas primeiras eleccións democráticas, para a campaña electoral polo Frente Democrático de Esquerdas. A segunda, tamén efímera, nas municipais polo Partido do Traballo en Compostela, en 1979. A terceira, máis longa, nos anos '80, como liberado docente, inicialmente no Sindicato Galego do Ensino e a Investigación da CXTG e logo na CIG. A cuarta foi a finais dos anos '90, en Comisión de Servizos convocada por concurso público de méritos, no Seminario de Educación para a Paz. E a última, nas recentes eleccións autonómicas, pechando a candidatura pola Coruña da Alternativa Galega de Esquerda que encabezaban Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Nun mítin, con moita sorna, alguén dixo: A candidatura máis atea a abre Deus e a pecha Dios. Divina e celestial…
A verdade é que empecei -como mestre e activista sindical- logo dunha moi forte aprendizaxe na clandestinidade, nos Comités de Curso, na Universidade de Santiago, nun mítico grupo á esquerda do PC, de nome prochino, Larga Marcha, e en Información Obreira, organizacións que máis tarde conformarían o Partido do Traballo de Galicia. Tempos de compromiso e de risco persoal contra a Ditadura, entre 1972, Amador e Daniel, e 1976, no que aprobo as Oposicións. Anos de estudio na Escola de Maxisterio, nos pavillóns do Burgo das Nacións, hoxe Auditorio de Galicia, de aprendizaxe e de revolta. Asembleas coas luces apagadas, folgas e manifestacións, panfletos e clandestinidade. Lecturas, grupos de discusión, manuais de marxismo, revolución ás portas. Inxenuidade. Pedagoxía do oprimido, Paulo Freire. E os fins de semana, a Vigo, polo ruta Ho Chi Ming, a recoller documentos e directrices, célula obreira, nun Citroën “douscabalos” que colliamos, o benquerido Roberto Pardo e máis eu, na Rosaleda, coas chaves no borralleiro. Alí quedaba ó regreso, sen saber nunca de quen era. E logo a proletarización. Viva o ditariado da proletadura. Rapaces…
Dos primeiros anos de docencia lembro un conflito de enorme envergadura que involucrou practicamente todo 1978, ó profesorado galego e ó alumnado das Escolas de Maxisterio, con peches e manifestacións masivas, contra dos traslados forzosos de mestres para fora de Galicia. Aquela batalla, como tantas outras, perdémola. Sen embargo, gañámola para o futuro. Fomos os últimos desprazados.A min tocoume ir, con destino definitivo, ó Colexio Juan del Río Ayala, en Santa Brígida, Las Palmas de Gran Canaria (moito máis lonxe non podían mandarme) onde cheguei ben entrado o mes de Outubro, logo dunha folga durísima e dunha negociación aínda máis difícil co MEC e que rematou no Concello de Santiago de Compostela co daquela Secretario de Estado (ou Director Xeral de Persoal) Matías Vallés. Galicia, obviamente, non tiña aínda competencias en materia educativa.
O que vou contar daquela negociación, pouca xente o sabe. Rematada a última reunión negociadora, co compromiso de que nunca máis habería traslados forzosos (como así aconteceu para os mestres que viñeron despois de nós), baixando xa polas escaleiras de Raxoi, o citado Vallés, nun aparte, pasoume a man polo lombo e díxome: Manuel, no se preocupe, para usted habrá una Comisión de Servicios y no tendrá que marcharse a Canarias. A contestación que lle din non debo reproducila. Uns días despois, chorando, tomaba o avión para Las Palmas. Outros foran antes que eu. Algúns, moi poucos, non se incorporaron nunca ós seus destinos. Non darei nomes. Eu nin quería, nin podía nin debía facelo. Parecíame algo así como alta traizón, logo de liderar aquela durísima loita. Cando volvín de Canarias, no curso seguinte, por Concurso de Traslados, perdín a metade dos puntos que tiña, para entrar no Colexio Progreso de Catoira, onde estiven 6 anos. Boa xente, bóa terra, xa practicando Educación para a Paz, sen sabelo. Logo, no CPI de Viaño Pequeno, en Trazo, a carón de Santiago e, como dixen, para rematar, fugazmente, no IES de Cacheiras. Eses foron todos os meus destinos.
Gardo os mellores recordos, sobre todo, do alumnado, das aulas e das actividades extraescolares. Da maioría dos e das colegas. Do seu esforzo e compromiso. Tamén da vida sindical, da participación no agromar e na consolidación do sindicalismo nacionalista galego, na CXTG e logo na CIG, na Federación Internacional de Sindicatos do Ensino (FISE), da miña participación no Congreso de Praga, na FSM (Federación Sindical Mundial) e do seu Congreso de Berlín, onde estivemos representando ó sindicalismo galego, novidade, Humberto Busto e máis eu, uns anos antes da caída do Muro, ou na constitución da Internacional da Educación (IE) en Estocolmo, e desde os anos ’80, vinculado activamente co movemento pacifista, Convención polo Desarme Nuclear en Europa, Teachers for Peace, Hague Appeal for Peace, sempre desde a Educación para Paz, co altermundismo, no Foro Mundial de Educación (FME) e nos Foros Sociais Mundiais, outro mundo é posible.
E a profunda vinculación con AIPAZ e a Fundación Cultura de Paz, a amizade entrañable con Federico Mayor Zaragoza, logo de deixar a Dirección Xeral da UNESCO, no ano 2.000. Tremábanme as pernas cando chamou e díxo que quería contar co Seminario Galego e comigo para a súa Fundación. O coñecía de referencias, fora Ministro de Educación con Suárez e logo pola súa personalidade e prestixio internacional, polas magníficas editoriais do Correo da UNESCO, polas cartas e publicacións que mandei a París durante o seu mandato, polo seu extraordinario papel en favor da Cultura da Paz, coa aprobación da Declaración e o Programa de Acción en 1999 na ONU. Canta lucidez, humildade e elegancia xunta. Do mellor que nos ten pasado nestes anos.
O inmenso e intenso traballo no Seminario Permanente de Educación para a Paz, desde decembro de 1985 ata hoxe, xa como Seminario Galego, é das experiencias das que estou máis orgulloso, das publicacións, dos libros, das unidades didácticas, creo que 28, nada menos, dos encontros e xornadas, dos cursos de formación, das conferencias e charlas polo país adiante, da promoción e consolidación do Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, dos premios concedidos e recibidos, dos audiovisuais, exposicións, da creación, participación e liderado en movementos sociais como a Coordinadora Galega pola Paz, a Iniciativa polos Dereitos Humanos, ou as nosas contribucións ó Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de Galicia e Observatorio Galego, pero sobre todo, das persoas que durante este tempo, o deron todo para o seu desenvolvemento e prestixio, na Directiva ou fora dela. A celebración en Compostela do FORO 2010, cun Foro Mundial de Educación temático, tres Congresos Internacionais e unha Reunión de Alto Nivel de Nacións Unidas sobre Cultura de Paz, foi a culminación dun esforzo colectivo de moitos anos. Galicia foi, por un mes, o centro do altermundismo internacional.
E chegou a crise, mellor dito, a estafa, o saqueo, o desmantelamento das estructuras de participación políticas e sociais creadas, con tanto traballo, nestes anos. E con ela, o afogamento institucional e financieiro do Seminario Galego de Educación para a Paz, no que o actual conselleiro, Jesús Vázquez Abad, ten (e tivo) unha responsabilidade principal. A súa vontade por asfixiar, anular e invisibilizar o Convenio de Colaboración asinado en tempos de Juan Piñeiro Permuy, e renovado por Celso Currás e Laura Sánchez Piñón, foi decidida. Paulatinamente retirou toda axuda para actividades formativas. Ocultou o papel e as actividades do Seminario. Ignorou as contribucións decisivas ó Plan de Convivencia. Vetouno nos actos e iniciativas organizados pola Consellería en materia de conflitividade e convivencia escolar, de educación ou cultura de paz, dereitos humanos, día escolar pola paz... e imposibilitou a continuidade das súas publicacións e unidades didácticas distribuídas gratuitamente a tódolos centros educativos de Galicia. Por último, anulou a Comisión de Servizos. Non podía facer máis.
Pero aquí seguimos. Resistindo. Como tantas e tantas organizacións non gubernamentais da sociedade civil galega, todas as que non son da órbita do PP, nin da Igrexa Católica, nin de caridade ou beneficencia. Volven as damas e as mesas petitorias (a medida que desaparecen os dereitos), o Domund e os “chinitos”… pois esas son as únicas entidades que a dereita máis rancia, meapías e conservadora de Europa promove e apoia. Non hai máis que ver a TVG para comprobalo. Por iso Monseñor Rouco Varela está tan calado. Aquel que acusaba de adoutrinamento a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, o que chamaba á desobediencia civil, o pancarteiro, hoxe está desaparecido, contento e satisfeito nos seus aposentos, coa relixión católica outra vez avaliable, impoñendo o que teñen que estudar os uns e os outros, aqueles que non a queiran, gozando dos extraordinarios privilexios que conserva, os que ningunha outra relixión ten en Europa, e nun estado constitucionalmente aconfesional, vaia broma, segregando por sexos, recibindo prebendas económicas a mans cheas, en plena crise, cos seus feligreses pasando privacións ou suicidándose por perder os seus fogares, vendo como os mercaderes do templo se forran e aumenta a pobreza, a fame e a exclusión, sobre todo dos máis febles, en silencio atroador.
Pero non se pode enganar a todos, todo o tempo... e torres máis altas caeron.

No hay comentarios:
Publicar un comentario