Alguén dirá que son un resentido. Que teño manía persecutoria. Que o
victimismo xa non me permite ver a realidade obxectivamente. Mesmo que son un
vello cascarrabias. Sen embargo, a estas alturas da vida, que máis nos poden
facer? Estoume a referir, claro está, ó Seminario Galego de Educación para a Paz,
unha entidade con 28 anos de antigüidade, nada menos!.
Desde o mesmo momento en que Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, chegou a San Caetano,
todo cambiou para peor. Quitáronnos as axudas, de educación, de cultura, de
política lingüística. Anularon o convenio de colaboración que asinara no seu
día Juan Piñeiro Permuy, que
renovara Celso Currás, ó igual que Laura Sánchez Piñón. Re tiraron a Comisión de Servizos convocada por
concurso de méritos e renovada anualmente. Ig noraron
o Plan Integral de Mellora da
Convivencia Escolar que tanto contribuímos a elaborar de maneira ben
activa. Cesáronnos no Observatorio Galego aínda que seguimos a ser membros do
estatal, por nomeamento de Angel
Gabilondo. Invisibilizáronnos todo o que puideron e seguen, e seguen, como
os coellos do anuncio.
As razóns non son
económicas. Non é a crise. Trátase, como en tantas outras dimensións, dunha
estafa. Débese ó máis obtuso sectarismo ideolóxico. A censura, a ocultación, o ninguneo, é tan grande que chega a todas
partes. Ar gumentario político.
Directrices. Sutilmente ás veces. Silenciosamente noutras. Burdamente as máis.
Contarei as dúas últimas,
ben recentes, e que cada quen tire as súas conclusións.
A primeira fai referencia
ó uso das instalacións do Museo
Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), un centro público magnífico promovido por Celso Currás, que el mesmo animou a
dinamizar, e no que vimos realizando numerosas actividades desde a súa
inauguración, sen problema algún. Mesmo recibimos as felicitacións do propio conselleiro
Currás en varias ocasións.
Neste curso académico
empezaron as dificultades. Que si había
demasiadas peticións, que si era usado por entidades que pouco tiñan que ver
coa educación... Ningunha das razóns esgrimidas tiña que ver co Seminario Galego de Educación para a Paz,
organización educativa, obviamente, cun convenio vixente coa Consellería, nunca
denunciado. A primeira negativa, logo rectificada, foi para a realización dun
curso de cine dirixido por Toni Brea.
A segunda, tamén modificada, finalmente, foi para a celebración do Día Escolar pola Paz, o pasado día 30
de Xaneiro. Sen embargo, considerouse como unha excepción, unha especie de
favor de última hora. No futuro, a cousa xa non pintará igual, agás
rectificación. Debo dicir, en honor á verdade, que o director en funcións do
MUPEGA non ten nada que ver.
O outro exemplo que
relatarei tamén foi con ocasión da celebración deste día da nonviolencia en
Ourense. Acto precioso na Praza de San Martiño, con case que 80 cativos de 6º
de Primaria do Colexio de Practicas, cos seus paraugas reciclados para a paz, colaboración do concello, escola
municipal de música... aparecen dous equipos da TVG, dous! a falla dun. Toman
imaxes, entrevistas ós nenos e nenas, tamén á concelleira Ana Garrido, a min mesmo, pídennos que prolonguemos o acto para
entrar en directo, facémolo e, ¡que casualidade!, na emisión no Telexornal do
mediodía, efectivamente, saen os rapaces, os paraugas, o marco incomparable da
praza e da catedral... pero..., sempre ten que vir un pero, parecera que
agromaran por xeración espontánea, como os cogomelos, unha obra propia da
natureza... Ningunha mención ó Seminario Galego de Educación para a Paz,
ó concello de Ourense, ó seu departamento de educación, ó Colexio de Practicas,
ó seu profesorado... por que?, diría o Mourinho,
por que?. Decisión dos profesionais que cubriron a nova?. Non o creo. Penso que
ten que ver máis co sectarismo dos responsables políticos da cadea pública, ca
censura, co extremismo ideolóxico, co obxectivo de invisibilizar todo aquilo
que non é do PP ou dos seus sectores afíns.
Unha pregunta sen mala
intención para rematar. Acontecería o mesmo si a entidade promotora dos actos
fose unha ONG da Ig rexa? Ou si o
Concello non fose do PSOE?. O deixo así para o voso xuízo.
Ben, quizais todo isto
sexa unha fabulación miña, un conto para nenos dun vello cascarrabias, unha
invención, cousas da idade e da xubilación...
No hay comentarios:
Publicar un comentario