Con este suxerinte título, o Foro Mundial de Educación (FME), adscrito ó Foro Social Mundial (FSM), máis concretamente, o seu Grupo de Traballo de Educación, veu preparando o Cumio dos Pobos, Río+20 (http://cupuladospovos.org.br/) e acordou difundir un documento (ver completo en: www.sgep.org) de enorme interese, continuador dos debates realizados en Porto Alegre, neste ano, sobre “Crise capitalista, xustiza social e ambiental” e do que quixera facer algúns comentarios, a modo de resume.
Efectivamente, Río +20 vaise desenvolver nunha coxuntura global de crise, que afecta, fundamentalmente, a Europa e ós EE.UU, con consecuencias económicas, sociais e ambientais que alteran esferas esenciais das nosas vidas, con gradación distinta, obviamente, segundo os ámbitos local, rexional ou mundial que analicemos. En calquera caso, observamos sinais claras de esgotamento do modelo neoliberal dominante e a moitos sectores sociais emerxentes que empezan a demandar formas alternativas para as persoas, a humanidade e o planeta.
A crise global, e a nosa máis particular, afectan, como estamos a comprobar, ós piares básicos do Estado de Benestar como son a sanidade ou o ensino. Mais trátase –tamén- dunha crise da propia educación, dos seus contidos e sentidos, pois vai deixando de asumirse como un dereito humano, universal e gratuíto, para converterse nun medio privilexiado para satisfacer as necesidades dos mercados. A educación perde o seu potencial para formar a unha cidadanía capaz de pensar e entender a orde económica e social na que vivimos, xunto coa de soñar con outro mundo posible onde superemos as crecentes desigualdades e discriminacións para recuperar a dignidade e a xustiza.
Por iso resulta necesario dotar de novos significados ós fins e ás practicas da educación buscando paradigmas alternativos que restitúan o seu carácter de dereito e de proxecto ético. Así, resulta imprescindible rescatar a idea da educación como dereito humano, tal e como figura no Artigo 26 da Declaración Universal, no seu apartado 1:
E no seu apartado 2:
E no 3:
Temos que recuperar estas ideas na súas dimensións formal, non formal e informal, abrir as miradas á democratización das sociedades para formar unha cidadanía crítica, capaz de vincularse a movementos que reclamen unha transformación positiva da orde social, sobre a base da xustiza global e ambiental, coa intención de entender e atopar solucións ós problemas a escala planetaria.
Trátase, polo mesmo, de restablecer o sentido emancipador da educación, da súa capacidade de empoderamento persoal, para xerar coñecementos, potenciar saberes e aprendizaxes, de buscar acordos e consensos polo ben común.
Isto significa, obviamente, un xiro político e cognitivo, un cambio paradigmático na maneira de entender a educación, unha apertura a novos puntos de vista sobre os fines sociais, como os do ben vivir, os bens comúns, a ética do coidado, entre outros, sobre os que debaterá tamén o Cumio de Río+20 e máis alá, reafirmando o sentido da educación, tal e como a entendemos, para os cambios e a transformación persoal e social.
Estes valores son os mapas cos que moverse nos novos contextos, as cartografías coas que orientarse, as follas de contido que enchemos coa cidadanía, involucrando a actores e suxeitos diversos nos procesos educativos, traballadores e traballadoras do ensino, estudando, pais e nais de familia, coa comunidade educativa en xeral, e como condición para avanzar cara a sociedades sustentables, con xustiza social e ambiental, onde a economía sexa un medio e non un fin en si mesmo, superando os enfoques tecnicistas e eficientistas actuais.
Unha educación pertinente, relevante, transformadora, emancipatoria, crítica, igualitaria, non sexista, que promova a dignidade humana, a xustiza social e ambiental. Unha educación como un dereito humano fundamental, promotor e base doutros dereitos, que avance cara a interculturalidade, a democracia xenuína, participativa, con afectos e sentimentos, para o coidado e a relación harmónica coa natureza, eliminando a discriminación, construíndo a cultura da paz e impulsando a resolución nonviolenta dos conflitos.
Estes son algúns dos ideais que compartimos e cos que o Foro Mundial da Educación encara, con outros movementos sociais, o Cumio dos Pobos, Río+20.

“Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe de ser de balde, polo menos no que se refire á instrución elemental e fundamental. O ensino elemental será obrigatorio. A instrución técnica e profesional terá que ser xeneralizada; o acceso ós estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos”.
E no seu apartado 2:
“A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respeto ós dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos e relixiosos; e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para manter a paz”.
E no 3:
“Os pais terán dereito preferente a escoller o xeito de educación que se lles deberá dar ós seus fillos”.
Temos que recuperar estas ideas na súas dimensións formal, non formal e informal, abrir as miradas á democratización das sociedades para formar unha cidadanía crítica, capaz de vincularse a movementos que reclamen unha transformación positiva da orde social, sobre a base da xustiza global e ambiental, coa intención de entender e atopar solucións ós problemas a escala planetaria.
Trátase, polo mesmo, de restablecer o sentido emancipador da educación, da súa capacidade de empoderamento persoal, para xerar coñecementos, potenciar saberes e aprendizaxes, de buscar acordos e consensos polo ben común.
Isto significa, obviamente, un xiro político e cognitivo, un cambio paradigmático na maneira de entender a educación, unha apertura a novos puntos de vista sobre os fines sociais, como os do ben vivir, os bens comúns, a ética do coidado, entre outros, sobre os que debaterá tamén o Cumio de Río+20 e máis alá, reafirmando o sentido da educación, tal e como a entendemos, para os cambios e a transformación persoal e social.
Estes valores son os mapas cos que moverse nos novos contextos, as cartografías coas que orientarse, as follas de contido que enchemos coa cidadanía, involucrando a actores e suxeitos diversos nos procesos educativos, traballadores e traballadoras do ensino, estudando, pais e nais de familia, coa comunidade educativa en xeral, e como condición para avanzar cara a sociedades sustentables, con xustiza social e ambiental, onde a economía sexa un medio e non un fin en si mesmo, superando os enfoques tecnicistas e eficientistas actuais.
Unha educación pertinente, relevante, transformadora, emancipatoria, crítica, igualitaria, non sexista, que promova a dignidade humana, a xustiza social e ambiental. Unha educación como un dereito humano fundamental, promotor e base doutros dereitos, que avance cara a interculturalidade, a democracia xenuína, participativa, con afectos e sentimentos, para o coidado e a relación harmónica coa natureza, eliminando a discriminación, construíndo a cultura da paz e impulsando a resolución nonviolenta dos conflitos.
Estes son algúns dos ideais que compartimos e cos que o Foro Mundial da Educación encara, con outros movementos sociais, o Cumio dos Pobos, Río+20.
No hay comentarios:
Publicar un comentario