Estou escoitando pola radio ó presidente Núñez Feijoo. Fala moito da verdade. En materia educativa ningunha novidade, plurilingüísmo, é dicir, retroceso da lingua propia de Galicia, e novas tecnoloxías, proxecto Abalar. Nada novo. En materia de convivencia escolar, máis do mesmo, palabras que acochan unha realidade, sostenella e non enmendalla, decisión de impoñer o seu texto, o seu modelo autoritario, punitivo, pouco educativo, contra todos, contra todo, sen consenso, sen acordo, coa completa oposición da representación lexítima da Comunidade Educativa no Consello Escolar de Galicia, sen escoitar, sen pedir opinión, sen responder ás alegacións presentadas, alomenos ás nosas. Iso si, envolto en celofán, con chamamentos reiterados á participación, á convivencia, á dignificación da profesión, á mellora do clima escolar, á vontade política contra o abuso e o maltrato entre iguais, palabras que, sentímolo, están en total contradición coa realidade prática. Finalmente, que ninguén o dubide, aprobarán o seu proxecto cos seus únicos apoios no Parlamento Galego, por un único voto. A peor maneira de traballar pola convivencia democrática e pola participación educativa. O lamentamos, porque cremos firmemente que o noso sistema escolar non merece estes procedementos. Así non construímos nin a convivencia nin a participación. Mágoa. Outra oportunidade perdida.
Benvidas, benvidos, amigas e amigos
A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...
No hay comentarios:
Publicar un comentario