O diario EL PAÍS publicaba, o pasado día 22 de Marzo unha tribuna titulada “La izquierda y la intervención militar en Libia” escrita por unha persoa que respecto e admiro, un referente da investigación e da educación para a paz non só en España senón en todo o mundo.
Reflexionaba Vicenç Fisas sobre a operación militar en Libia e o facía sobre unha premisa que comparto en xeral, con algún matiz, é dicir, aquela que afirma que a esquerda tradicional non gusta das intervencións militares en xeral nin tampouco das actividades militares. Quero interpretar que nesta "esquerda tradicional" inclúe a todo ese conglomerado, máis ou menos plural que no Estado conforma Izquierda Unida, particularmente, o PCE. Quero pensar tamén que desa categoría exclúe a outras esquerdas, chámense nacionalistas, novas esquerdas, ou mesmo ó PSOE. Quizais estas esquerdas sexan para Fisas, non tradicionais, ou si se quere, modernas.
En calquera caso, si que todas elas, unhas máis que outras, a verdade, viviron e sufriron un nefasto militarismo durante unha interminable “vitoria” que condicionou moitas das súas teimas en relación co exército, os gastos militares, as políticas de defensa, os días das forzas armadas, os desfiles castrenses... en definitiva aquelo que tan ben dicía a canción "La mala reputación" que interpretaban Paco Ibáñez ou Brassens: "la música militar nunca me supo levantar". Por certo que existe unha versión menos tradicional, a de Loquillo y los Trogloditas, máis movida e marchosa... máis moderna, tamén. Eu comparto, quizais son reminiscencias da vella esquerda, aquelo que dicía Marx, o Groucho: “A xustiza militar é á xustiza o que a música militar é á música”. Con todo, non teño eu tan claro que a sectores desa “esquerda tradicional”, léase PCE, non lles gustaran algunhas intervencións militares, polo menos ata antes da Primavera de Praga…
Que todos temos contradiccións non cabe ningunha dúbida. Penso que diso só se libran os anxos custodios. Malo do que non as teña. Por iso, na esquerda galeguista, polo menos coa que eu me identifico, que non ten expresión partidaria concreta, si que asumimos que a poboación civil en perigo merece o "dereito de protección" e que ese dereito ten que estar garantido por forzas de intervención rápida, reducidas, entreadas especialmente para actuar en operacións de socorro humanitario, si é necesario, ou de mantemento da paz. Iso si, cunha dependencia orgánica de Nacións Unidas, dunhas Nacións Unidas reformadas en profundidade para facer efectiva a súa máxima constituínte: "para evitar ós nosos fillos o horror da guerra...", cascos azuis con obxectivos claros, mando único, acción limitada e proporcional, estritamente.
Non parece ser o caso de Libia. Unha intervención que estaba preparada desde hai semanas, que se dilatou para facela máis asumible socialmente, con moitas incertezas sobre os seus obxectivos concretos, mando, límites, da que se autoexcluíron nada menos que Alemaña e Turquía, partes fundamentais da OTAN, na que Francia quere asumir un protagonismo que non lle corresponde, e con moitas reticencias árabes. O dereito a protexer, neste caso, non foi unánime e non penso que tal decisión fose por “escorrer o vulto”.
Habería que facer mención obviamente a por que en Libia si decidimos impoñer o “dereito de protección” e non o facemos en tantos outros lugares onde a poboación civil é a vítima principal dos seus propios gobernantes. Non é necesario reiteralos dado que Vicenç é un experto. Poderiamos dicir que por algún ditador temos que empezar. Certo, mais Libia debemos recoñecer que ten un atractivo especial que non debemos esquecer. Atractivo que non teñen, por exemplo, o Sahara, Chechenia, o Tibet, Birmania, ou Palestina, por citar algúns lugares que arrastran conflitos onde a poboación civil é a principal vítima, por certo, isto acontece en case que todas as guerras modernas... intervir (ou non) ten máis que ver cunha simple ecuación custe- beneficio. Preténdese sempre unha intervención limpa, rápida, barata... pero normalmente as cousas vanse das mans con facilidade pasmosa, e experiencias temos dabondo.
A Resolución 1973 pretende impoñer unha zoa de exclusión aérea. Autoriza accións armadas pero non figura na folla de ruta, na explícita polo menos, derrocar a Gadafi ou matalo, como queren algúns. O ideal sería levalo ó Tribunal Penal Internacional ó que, por certo, poderían aproveitar algúns para recoñecer. A Resolución non pode converter a Occidente no brazo militar executor dos sublevados que, sen dúbida, merecen protección. Penso que o coherente sería reclamar un alto o fogo e obrigar a buscar unha solución negociada entre as partes, con bloqueos, medidas diplomáticas, presión política, embargos, etc..
Fisas enuncia moi ben os riscos da intervención, desta intervención concreta e apunta o seu desexo de que todas as revoltas (árabes ou non) populares sexan apoiadas por medios políticos, sociais, económicos. Como non compartilo. Sen embargo non é así, non foi así nin penso que o será no futuro inmediato. Sinceramente non me creo que Berlusconi, Sarkozy ou Cameron tiveran agora un repentino arrebato de protección da poboación civil libia, dos dereitos humanos ou da democracia, que descubriran, de repente, o malvado que é Gadafi, coas armas que anteriormente nos lle vendemos. Liberamos e protexemos Bengasi mais a continuación outras novas cidades viven o horror dos bombardeos, duns e doutros, e as perspectivas non son nada optimistas.
Por último, os que criticamos a intervención militar, os que nos opoñemos a unha escalada militar na rexión, vellas e novas esquerdas, cidadanía democrática, educadores e educadoras para a paz, con independencia do resultado da votación no Congreso dos Deputados (práctica unanimidade, á búlgara), vivimos nun momento cargado de pesimismo e de malestar interno, de desafección política (creo que bastante razoable), con contradiccións, sen dúbida, mais con esperanza nun futuro no que as sociedades civís recuperen o protagonismo, onde a Cultura da Paz substitúa, de verdade, á cultura da violencia, nas relacións entre os estados, na política internacional, e na vida, tal e como Vicenç proclama e practica, cada día.

No hay comentarios:
Publicar un comentario