Empezo por dicir que non sei nada, ou case que nada, de economía. Certo que nalgunha época da miña mocidade lía manuais de economía política con certa soltura. Os clásicos da esquerda. Conservo aínda moitos deles. Mesmo faciamos cursiños comentados con algún experto. Tempos de clandestinidade. Para ler o Capital, Contribución á crítica da economía política, o Anti- Dühring, os Manuscritos económico-filosóficos, Traballo asalariado e capital, Salario, prezo e ganancia, O Manifesto Comunista… Co paso dos anos un conserva certos coñecementos básicos, iso que os pedantes chaman background, unha corrente de fondo, uns antecedentes, unha formación que ven de lonxe, e pouco máis. Sentido común, aínda que sexa de base marxista...
A defensa dos mercados, do seu poder autorregulador, da súa portentosa capacidade para xerar riqueza e crecemento económico, xunto coa idea duns Estados xibarizados, tense convertido en profesión de fe neoliberal, a dereita e a esquerda, unha auténtica relixión. Parafraseando a D. Carlos Marx, cando afirmaba que para o estado cristián xermánico “o dominio da relixión é a relixión do dominio”, poderiamos concluír, salvando as distancias, que o dominio da relixión neoliberal e a supremacía dos mercados é hoxe a relixión económica do que Federico Mayor Zaragoza chama o Gran Dominio.
¿Quen parará as apetencias insaciábeis dos mercados?,

¿Quen satisfará eses apetitos desmedidos?
¿Quen colmará tanta luxuria financieira?
Dobregarse ante eles, someter as democracias e a política á súa cobiza sen fin non parece dar resultado algún, con reforma constitucional ou sen ela. Cada día que pasa, os mercados, e os mercaderes que os dirixen, parécense máis a eses drogaditos que, aínda colocados, necesitan máis dose, e máis, e máis, sen control nin límite, ata a súa completa autodestrucción.
Diante das demandas desenfreadas dun adito caben dúas posibilidades, garantirlle a dose necesaria en cada intre, orixinal ou metadona, cos custes que iso significa, ou un tratamento de choque que posibilite a súa total desintoxicación.
A adicción dos mercados e dos mercaderes polo diñeiro público, as súas apetencias incontroladas, reclaman doses e máis doses de capital, primas de risco cada vez máis tolas, en definitiva, o completo valdeiramento do Estado social e democrático de dereito, do estado do Benestar, tal e como o coñecemos.
O tratamento de choque pasa polo seu sometemento á política e á democracia, pola soberanía do pobo e da cidadanía, non caben máis panos quentes.
¿Hai alguén disposto realmente a poñer coto e no seu lugar ós mercados?

No hay comentarios:
Publicar un comentario