Benvidas, benvidos, amigas e amigos

A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...

9 oct 2011

Paz é un nome de muller


  
   A concesión do Premio Nobel da Paz 2011 a tres mulleres, dúas africanas e unha asiática, Ellen Johnson-Sirleaf, Leymah Gbowee e Tawakul Kerman, respectivamente, é unha moi boa noticia.
   En primeiro lugar, porque recoñece e premia a labor das mulleres na procura da paz, das paces, que diría o bo amigo Vicent Martínez Guzmán, reforzando a Resolución 1325 que aprobou Nacións Unidas no ano 2000, un texto de enorme relevancia que habería que coñecer e difundir masivamente nas escolas e nos institutos, tamén na sociedade http://www.un.org/womenwatch/ods/S-RES-1325(2000)-S.pdf. Para elo, o libro 1325 mulleres tecendo a paz, magnífico, pode ser de gran axuda, un moi bo traballo de Manuela Mesa e Carmen Magallón, entre outras, co apoio da Fundación Cultura de Paz e de CEIPAZ. (http://www.1325mujerestejiendolapaz.org/).
   En segundo termo porque a unhas semanas da morte de Wangari Maathai, a primeira Nobel da Paz africana, o Comité reunido en Oslo reitera o seu compromiso, por unha banda, por contribuír a corrixir o enorme déficit de mulleres nos galardóns concedidos e, pola outra, a débeda contraída con Africa, ausente ata hai ben pouco tempo dos Premios Nobel da Paz.
   Son tres mulleres, do chamado Terceiro Mundo, de países empobrecidos e destrozados pola guerra, Liberia e Iemen, activistas, profundamente comprometidas coas liberdades democráticas e os dereitos humanos.
   Unha, Ellen Johnson, no poder por elección popular, toda unha novidade, logo de rematar coa guerra e a dictadura de Charles Taylor en Liberia. Outra, Leymah Gbowee, pacifista, promotora da primeira folga de sexo contra da guerra. E Tawarul Kerman, unha moza, líder da Primavera Arabe en Iemen, unha revolución inconclusa, defensora dos dereitos humanos, xornalista, presente en toda canta mobilización se produce contra do cruel réxime de Abdulá Saleh.
   Os premios compartidos por estas tres mulleres valentes son tamén un símbolo porque representan a todas as mulleres africanas que actúan, cun enorme efecto multiplicador, en defensa da paz e a democracia, en condicións terribles, resaltando, ademais, o camiño da intervención política non violenta. No caso de Iemen, no premio a Tawarul Kerman, quérese apoiar decididamente a mobilización das mozas e dos mozos nas revoltas árabes, o seu papel decisivo, como a propia premiada ven de recoñecer.
   Os tempos están cambiando. As revolucións árabes amosan, sen discusión, que as demandas de paz, liberdade, democracia, igualdade e benestar, non son patrimonio exclusivo de Occidente e incompatibles coas tradicións culturais musulmanas, como as veces pensamos, nin que o fundamentalismo sexa consubstancial á súa civilización. Nada máis lonxe da realidade. Fundamentalismos hainos, e en todas as culturas, tamén na nosa. Sen embargo, non teñen por qué ser maioritarios. Torres máis altas caeron. E o valor da nonviolencia está en auxe, con algunha que outra excepción, é verdade. As experiencias de Túnez ou Exipto, ou a de Liberia, así o amosan. Libia, Siria, Iemen, con máis brutalidade por parte dos seus gobernantes, están facendo o seu propio camiño, co exemplo de miles de mulleres como as premiadas.
   O Comité Nobel, nesta ocasión, acerta. Será de gran axuda para estas tres mulleres valentes e as súas causas, nonviolencia, paz e democracia, benestar e igualdade. Os pacifistas, as pacifistas, en todo o mundo, estamos de norabóa. Parabéns e que cunda. Porque Paz é un nome de muller...
  

40 comentarios:

  1. Miri: Paréceme moi ben porque son unhas mulleres luchadoras e valientes, a maioría debeŕian ser como elas, a paz ante todo.

    ResponderEliminar
  2. as mulleres do premio nobel ten importancia porque elas as 3 son do terceiro mundo e intentan que non haiga guerras a verdade e que me sinto orgulloso de que reciban o premio nobel porque loitan para que haxa PAZ. Un saudo dende O Barco de Valdeorras

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Pareceume moi bo texto,xa que fala do Premio Nobel que se lle daa tres mulleres do terceiro mundo,e normalmente isto non sucede,o texto esta moi ben redactado e encantoume porque ademais as tres merecian o Premio Nobel e que o escritor do artigo falara sobre isto porque deverian recoñecerlle mais méritos as mulleres dende antes.NOELIA MARTÍNEZ NEIRA.

    ResponderEliminar
  5. Iago·Este texto pareceume moi ben redatado , xa que o autor explicaca moi ben que as mulleres merecian o premio nobel , xa que fixeron moitos meritos para conseguilo e creo que deberian ter mais en conta as mulleres

    ResponderEliminar
  6. Noraboa a todas as mulleres que loitan todos os días para non ter conflictos, nin aguantar comentarios absurdos machistas. Seguide loitando, ese premio está ben merecido ainda que non espresa toda a gran labor que facedes. Inés

    ResponderEliminar
  7. Paréceme moi ben que xente como Manuel pense neste tipo de persoas xa que estas mulleres son de países desfaborecidos, destrozados pola guerra...E aínda combatindo estas situacións actúan cun efecto multiplicador en defensa da paz e da democracia, tendo as condición tan teribles desta poboación e aínda así destacan o camiño da intervención política non violenta.

    ResponderEliminar
  8. pareceme moi ben que lle den o premio nobel a estas tres mulleres , porque esforzaronse moito para poder conseguilo e loitar polos seus dereitos xa que as mulleres eran o sexo debil , pero con este acontecemento cambiaron as cousas , a paz e o mais importante do mundo e estou de acordo Erika

    ResponderEliminar
  9. pareceme un bo comentario porque grazas a esas mulleres e a algunhas mais conseguiremos a tan desexada paz mundial,xa que grazas aos seus apoios e ao chamado efecto multiplicador,moitas persoas estan conseguindo a paz .Un saudo e que consigades a paz

    ResponderEliminar
  10. Que triste que as epectativas de Manuel Dios con repecto as democracias nos países árabes estean todavía tan lonxe de cumprirse. Que foi daquela esperanzadora primavera árabe? Avelaíña Curiosa.

    ResponderEliminar
  11. Paréceme que está moi ben que falen das tres mulleres que fixeron todo o posible para conseguir a Paz e despois un Premio Nobel.
    Minerva e Victoria.

    ResponderEliminar
  12. Encántame que mulleres sexan tan boas persoas e nos axuden tanto aunque estean tan lonxe

    att:Houssam Bentabbaia

    ResponderEliminar
  13. Eu como muller sintome ben orgullosa de que un home fale sobre este tema,e tan impotante que valoren a unha muller que non a traten mal que teñaos memos dereitos cos homes.Tres mulleres loitadoras,valientes e con forzas ante todo eso si que ten merito.
    Att:AMLAU RODRIGUEZ GONZALEZ

    ResponderEliminar
  14. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  15. En primer lugar, encantoume este texto polo ben redactado que está e polo ben que fala este home sobre estas tres mulleres. O que fixeron elas tivo moitísimo mérito, pero o que máis mérito tuvo e que tiveron que ignorar a miles de homes que as estarían criticando, e a pesar de iso seguir loitanto para conseguir a paz neste mundo, meus máis sinceiros parabéns. Como ben dice no texto, PAZ É UN NOME DE MULLER. Vivan as mulleres!!!

    Laura García.

    ResponderEliminar
  16. me gusta que agora respeten a opinion e o traballo que fan as mulleres na sociedad que que as persoas enpecen a respetar a os que son de diferentes paises e que respeten las opiniones de todos porque todo somos personas

    ResponderEliminar
  17. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  18. este texto pareceme moi bo porque nos demostra que as mulleres tamen fan cousas moi boas

    ResponderEliminar
  19. Sigan a Choliito an company son mu buenos compren su libro

    ResponderEliminar
  20. O texto esta ben redactado porque explica que tres mulleres de o terceiro mundo poden axudar a tanta xente.
    Att. Álvaro Arias Rodríguez

    ResponderEliminar
  21. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  22. Pareceúme un bó texto xa que trata igual as mulleres coma os homes, é así debería ser la realidade. Pouco a pouco conseguiremos un mundo de igualdade onde as mulleres se lle respeten igual ca os homes. TODOS QUEREMOS UN MUNDO DE IGUALDADE. Att: Paula Viéitez

    ResponderEliminar
  23. hola estoy con mi amiga paula e pensamos q manuel sintese indentificado co texto ajjaja xdlol bueno este texto es instructivo perotty walker dixome q el era muller e tiña problemas ca xuxtiaza e solo lavaba prtaos ,o que quero dicir e q as mulleres teñen q ser respetadas e todos somos iguais

    ResponderEliminar
  24. Un moi bo texto,deberia haber mais mulleres coma elas,tan luchadoras,e mais vindo dos paises que veñen,un premio moi merecido.
    att:Alicia Anta

    ResponderEliminar
  25. RT alex alvarez moldes:este texto parece moi bo porque nos demostra que as mulleres tamen fan cousas moi boasvv

    ResponderEliminar
  26. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  27. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  28. Este articulo pareceme moi bon porque sempre descriminan as mulleres e estas tres mulleres seguiron adiente sen que lle importase o que dixesen.

    ResponderEliminar
  29. Paréceme moi ben este tema, xa que estas tres mulleres son moi valentes porque chegaron moi lonxe elas soas sin axuda,
    Todos seberíamos se iguales e que nos trataran con igualdada tanto a os omes como as mulleres.

    Alicia Fernández.

    ResponderEliminar
  30. Pareceme moi ben que lle deran O Premio Novel da Paz a tres mulleres ,como di no texto "paz e nome de muller".Pareceme moi ben que estas mulleres luchen polo que creen unha aperta moi forte para elas.








    Alexandra

    ResponderEliminar
  31. El mundo necesita persoas como estas moi bo texto att:anonimo

    ResponderEliminar
  32. Este texto e moi interesante devido o interese que Teñen as tres mulleres en cambiar as cosas neses países de Occidente tan compricados.

    ResponderEliminar